Noriega reitera a súa solicitude para reunirse co ministro de Fomento
O alcalde vén de reiterar a súa solicitude de manter unha xuntanza co ministro de Fomento, Ãñigo de la Serna, para analizar a situación na que se atopan varias infraestruturas pendentes en Santiago. Martiño Noriega mostrouse confiado en que "esta petición sexa atendida, para resolver canto antes algunhas dúbidas sobre as actuacións comprometidas".
O alcalde recoñeceu a súa preocupación despois da reunión que o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, mantivo en Madrid co director xeral de Estradas do Ministerio de Fomento. Martiño Noriega recoñeceu que, nese encontro, "Fomento manifestou dúbidas sobre se a actuación en superficie na rotonda de Conxo é unha prioridade para Santiago". O rexedor insistiu en que "non se trata de modificar agora a orde de prioridades, senón de cumprir un compromiso que estaba adquirido, cun anteproxecto presentado á veciñanza e cun orzamento definido".
O alcalde confÃa en aclarar os plans con respecto á rotonda de Conxo nesa reunión co ministro de Fomento, co que tamén quere abordar a situación do enlace orbital. Ao respecto, Martiño Noriega considera que "a sensación da xuntanza celebrada onte é positiva, porque se mantén o compromiso de executar os enlaces do norte, e orzamentalos nos próximos dous ou tres exercicios".
Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2017-04-04
Actualidad
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurÃdicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitirÃa aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artÃsticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, asà como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.
Notas
Mostrar á cidadanÃa os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros paÃses. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o tÃtulo 'PerfÃs profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüÃstica, tecnoloxÃa e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfÃs profesionais de cara ao futuro e presente da IA.