Notas de prensa

O novo libro do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea divulga a obra de Jon Gorospe

O autor ve publicado o seu proxecto ‘Environments’, co que gañou a cuarta edición deste certame promovido polo festival Outono Fotográfico co apoio da Consellería de Cultura e Educación e da Deputación de Lugo. O galardón do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea tradúcese na realización dunha exposición itinerante co traballo gañador, ademais da publicación dun libro coas reproducións das obras.

A Galería Photo Art de Ourense acolleu a presentación do libro do IV Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, que recolle o traballo ‘Environments’, co que Jon Gorospe se fixo coa última edición deste certame. Trátase do novo volume da colección de libros de fotografía do Outono Fotográfico (OF), festival que promove o premio coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación e da Deputación Provincial de Lugo.

O galardón do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea tradúcese na realización dunha exposición itinerante co traballo gañador, ademais da publicación dun libro coas reproducións das obras. Para o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, “o atinado deste modelo certifícao o feito de que en cada nova edición se presenten máis proxectos procedentes de distintos países e de que vaia adquirindo un peso cada vez maior entre os fotógrafos profesionais, con participación de autores cada vez máis relevantes, interesados nesta oportunidade de visibilidade e de publicación das súas obras”.

“Desde a Consellería de Cultura e Educación vimos acompañando ese camiño que compartimos cos organizadores na concepción do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, que é xustamente o de garantir que o premio sirva en si mesmo como escaparate das obras”, asegurou Anxo Lorenzo durante a presentación do libro, na que tamén participaron o autor da obra, o presidente da Fundación Benito Losada, Xosé Lois García; o coordinador do premio, Vítor Nieves; e a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto.
Unha mirada crítica

O traballo de Jon Gorospe achega unha singular revisión sobre a relación da sociedade cos residuos que se producen no planeta. Nese sentido, preséntase como “unha mirada crítica que nos fai pensar sobre como integramos ou agochamos planificadamente, detrás de barreiras que imos construíndo, o que rexeitamos, o noso propio refugallo”, dixo o secretario xeral, quen confiou na contribución do libro para dar a coñecer o traballo de Gorospe e para ampliar socialmente o acceso ás propostas creativas dos nosos días, neste caso desde a arte da fotografía.

Novos espazos para a creación contemporánea

O certame ten por obxecto promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que suscita, en xeral, a arte contemporánea respecto das formas de dominación e a imposición de límites ao pensamento. Así mesmo, pretende promover a creación dun espazo fotográfico en Galicia que complemente o creado durante máis de tres décadas polo Outono Fotográfico, mediante o incentivo de propostas de carácter visual-fotográficas, sen límite en canto á técnica ou á estética, por parte de autores e de autoras tanto nacionais como estranxeiros.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-03-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES