Somos a curta! volve premiar humor e lingua na súa sexta edición impulsada pola USC
O alumnado das tres universidades galegas e o do bacharelato artÃstico e das diferentes escolas de Imaxe e Son de Galicia poden participar na sexta edición do Certame de curtas de comedia ‘Somos a curta!Â’, que organiza a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago (USC)
Esta actividade organÃzase coa colaboración do Servizo de Normalización LingüÃstica e o apoio económico da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica. O prazo para presentar pezas audiovisuais queda aberto ata o 12 de outubro de 2017.
As curtas, cuxa duración non pode sobardar os 10 minutos, terán como piar fundamental o humor. Deben elaborarse en lingua galega, coa intención de promover o noso idioma nun eido clave para a sociedade como o audiovisual. O Somos a curta! está dotado con dous galardóns de 450 e 250 euros para os dous proxectos mellor valorados polo xurado. Ademais, farase entrega dun premio á curta que acade unha maior acollida entre o público asistente á gala que terá lugar o mércores 25 de outubro ás 20:00 horas no Salón de Actos do centro na que se visualizarán todos os traballos.
Na web www.usc.gal/snl está dispoñible toda a información e as bases sobre o concurso. Tamén se pode acceder á información sobre as edicións anteriores e verse as curtas gañadoras en pasadas edicións: Longa noite de verga (2011), Chapeau, Por Couso, Familia (2012), Santiago de Compostela 2014 e Loita de clases (2013), Laranxa e media, Quérote tal e como son (2015), Non é paÃs para mocosos (2016), 1000 maneiras de espichala, (2016) e Nada peor (2016).
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2017-03-28
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.