Ana Pontón lidera unha candidatura de consenso que aspira a fortalecer a recuperación social do BNG
Compromiso para facer política con maiúsculas e devolverlle a esperanza ás persoas que a perderon nestes anos de crise, proclamou Ana Pontón de cara á celebración da XVI Asamblea Nacional do BNG. Consolida a renovación xeracional desde unha lista elaborada coas propostas das bases que será votada pola militancia.
É a candidatura da militancia, do consenso que conseguimos trazar entre todos e todas, un valor de fortaleza para seguir camiñando neste tempo novo. Así definiu Ana Pontón a lista de unidade que encabeza a actual portavoz nacional, que será sometida á votación das bases na cita asemblearia que o BNG celebra co lema En Bloque cara a un tempo novo.
As persoas que formamos parte desta candidatura estamos aquí porque a militancia propuxo os nosos nomes, proclamou Pontón no acto de presentación, no que agradeceu o compromiso de todos os compañeiros e compañeiras que asumimos o reto de consolidar o tempo novo aberto fai un ano, no que mantivemos un intenso debate, analizamos erros e acertos, rectificamos e iniciamos un camiño que nos permitiu recuperar apoio social e electoral que aspiramos a fortalecer.
A candidatura liderada por Pontón consolida o relevo xeracional iniciado fai un ano incorporando un nutrido grupo de persoas por debaixo dos 40 anos, sen renunciar á experiencia de militantes que atravesaron por distintos momentos do BNG. Igualmente, subliñou a importante presenza das mulleres, maioría entres os 19 primeiros postos que conformarán a futura Executiva nacional.
Pontón proclamou que as persoas que aspiran a dirixir o BNG nos próximos tres anos queren facer política con maiúsculas, para devolverlle a esperanza a todas as persoas que a perderon durante os anos da crise.
Afrontamos o reto de coller da man a todas esas persoas que perderon a confianza durante a crise e devolverlles a esperanza, indicou a dirixente nacionalista, co compromiso de facer existir politicamente a Galiza, reverter a perda de peso no Estado, poñer o foco nos problemas do país e traballar para construír un futuro mellor para os galegos e das galegas sabendo que para iso precisamos poder político real, concluíu.
Gabinete de Comunicación de BNG, 2017-03-23
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.