Mar promociona na feira Seafood de Boston os produtos do mar de Galicia xunto con 12 empresas coexpositoras
A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, visitou a feira co obxectivo de difundir os produtos pesqueiros galegos e apoiar ás empresas que participan no evento. A Seafood de Boston é o evento comercial de produtos marÃtimo-pesqueiros máis grande de América do Norte e este ano celebra a edición número 37.
A ConsellerÃa do Mar, participa na feira Seafood Boston 2017, que se celebra nos Estados Unidos de América desde o 19 de marzo. A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes RodrÃguez Moreda, visitou as 12 empresas galegas que se albergan no posto da Xunta de Galicia e realizou un percorrido polas instalacións da feira, co obxectivo de difundir os produtos pesqueiros galegos e chegar a novos mercados.
A directora xeral aproveitou a visita á feira para manter unha xuntanza de traballo cos organizadores da Seafood de Bruxelas, Hong Kong e Boston, coa finalidade de negociar o espazo dos postos da ConsellerÃa nestas feiras o vindeiro ano. Ademais, a directora xeral visitou os postos de México e Perú, dous paÃses nos que Galicia ten interese en materia de pesca e comercialización de produtos do mar.
Tamén visitou outras empresas de orixe galega presentes neste certame, como Pescanova, onde mantivo un encontro co conselleiro delegado do Grupo Nueva Pescanova, Ignacio González. Ademais estivo nos postos de Iberconsa e Rotogal.
Galicia participa neste evento cun posto institucional de máis de 167m², o único de España presente neste certame, que dá cabida ás empresas galegas coexpositoras do sector, pertencentes a maiorÃa ao sector do conxelado. Tamén hai empresas do ámbito da conserva e da acuicultura. Ademais, o posto da Xunta tamén conta cunha área destinada a centro de negocios, na que as empresas poden manter encontros para ampliar o seu mercado.
Seafood de Boston
A Seafood de Boston é o evento comercial de produtos marÃtimo-pesqueiros máis grande de América do Norte e este ano celebra a edición número 37. Nesta feira danse cita 21.000 visitantes profesionais de máis de 90 paÃses. Conta cun espazo de 60.000m² en total, no que se promocionan 1.200 empresas expositoras de 40 paÃses distintos vinculadas aos produtos do mar frescos, conxelados, da acuicultura e envasados e tamén profesionais que se dedican á provisión de equipamentos e transporte, loxÃstica e maquinaria.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-03-21
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.