O sector pesqueiro crea un grupo de traballo para seguir as novidades do Brexit
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante o pleno do Consello Galego de Pesca, explicou que o obxectivo é estar preparados para xustificar os intereses da frota pesqueira galega ante a decisión de Reino Unido de abandonar a Unión Europea. Este grupo súmase ao composto polas rexións da fachada atlántica europea, que coordinará Galicia e que estudará o impacto do Brexit.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presidiu o pleno do Consello Galego de Pesca no que se acordou a creación dun grupo de traballo para “facer seguimento de todas as novidades” que se van producindo en relación ao Brexit. O obxectivo, subliñou a titular de Mar, é “estar preparados para xustificar os intereses da frota pesqueira galega” ante a decisión de Reino Unido de abandonar a Unión Europea.
Este grupo súmase ao composto polas rexións da fachada atlántica europea, que coordinará Galicia e que estudará o impacto que terá o Brexit nas rexións da cornixa atlántica da Unión Europea. Neste sentido, explicou Rosa Quintana, a finalidade do grupo do Consello Galego de Pesca é seguir os avances que se poidan ir dando dentro das organizacións europeas como por exemplo a Europêche (asociación das organizacións nacionais de empresas pesqueiras da Unión Europea), sobre todo, subliñou, agora que está a piques de aplicarse o artigo 50 do Tratado da Unión Europea sobre o mecanismo de retirada dun paÃs da UE.
Tamén se suma ao informe encargado pola Xunta ao Instituto de Estudos Europeos Salvador de Madariaga para avaliar as consecuencias desta decisión do Reino Unido para a pesca galega. Neste sentido, a conselleira do Mar lembrou que Galicia foi a primeira rexión e a única ata o momento que fixo este traballo.
En canto á relación de Galicia co Reino Unido, destacou que se o Reino Unido quere manter unhas regras de comercio xustas con España debe ter en conta tamén os intereses do sector pesqueiro galego.
Outros temas
O pleno do Consello Galego de Pesca tamén abordou un informe elaborado polas ConsellerÃas de EconomÃa, Emprego e Industria, Sanidade e Mar sobre a modificación e adaptación dos botiquÃns que deben levar a bordo as embarcacións da frota de baixura. Este informe realizouse no marco do grupo de traballo creado en conxunto co sector co obxecto de adecuar as esixencias dos botiquÃns aos tempos de resposta derivados da distancia á costa.
Ademais analizou as liñas xerais para a modificación do decreto de artes e aparellos de pesca, unha petición do sector sobre a ampliación da reserva mariña dos Miñarzos, en Lira, (Carnota) e tamén abordou o anteproxecto de lei de portos de Galicia.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-03-17
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.