Notas de prensa

Baixa o número de galegos residentes no exterior, según datos do Instituto de Estatística

Segue a aumentar en 2016, en cambio, o número de galegos xa nados no Exterior. Os cidadáns que xa residían fóra e adquiriron a nacionalidade, e os fillos de galegos da diáspora, configuran as novas incorporacións ao PERE. O número de galegos nados en Galicia e residentes no Exterior (emigrantes) redúcese en 615 persoas, según o INE.

Galicia continúa medrando no Exterior, fíxoo en máis de oito mil persoas ao longo de 2016, segundo os datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Agora ben, este aumento non pode identificarse co número de persoas que ’deixaron’ Galicia, por canto engloba todo tipo de novas inscricións no PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro).

Así, seguindo a tendencia dos últimos anos, a maior parte das novas inscricións de galegos no Exterior responde a cidadáns que teñen adquirido a nacionalidade española e veciñanza nalgún concello galego como consecuencia da denominada Lei de Memoria Histórica, e tamén existe unha porcentaxe significativa de fillos nados de galegos residentes na diáspora. É dicir, trátase de cidadáns que non emigran, por canto non residían na Galicia territorial.

En cambio, o número de galegos nados en Galicia e residentes no Exterior (emigrantes) redúcese nun 0’40 por cento. Así, en 2015, os galegos nados no territorio e que residían fóra eran 154.071, fronte aos 153.456 de 2016, seguindo a tendencia dos anos anteriores.

Pola contra, os galegos residentes no Exterior xa nados na diáspora (ou incorporados ao PERE por adquisición de nacionalidade) aumentou desde 349.769 persoas a 358.374, un 2’46 % máis.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-03-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES