Notas de prensa

O Concello da Coruña valora a última edición do Fórum Gastronómico como escaparate da cociña

O Concello da Coruña destacou a alta participación de cociñeiras, cociñeiros e profesionais da hostalería locais no evento, ao que asistiron máis de 23.000 persoas e que contou por vez primeira co gastrofestival A Coruña Sabe, “unha boa oportunidade para visibilizar a oferta culinaria da cidade” e que “terá continuidade nos próximos anos”, según o concello.

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, fixo balance da III edición do Fórum Coruña, o evento gastronómico que se celebrou entre o sábado 12 e o martes 14 de marzo, e ao que asistiron máis de 23.000 persoas. O edil destacou a satisfacción do Goberno local coa cita, "xa que cumpriu cos obxectivos de situarse como escaparate e lanzadeira da cociña coruñesa e, por extensión, da galega". "O Forúm Coruña deu a coñecer e difundiu os valores da nosa gastronomía e da cociña atlántica", incidiu Lema, quen salientou a importante participación e recoñecemento de profesionais da cociña e da hostalería local no evento. "Dous cociñeiros, Adrián Felípez e Carlos Pérez, foron finalistas no concurso Mellor Cociñeiro Novo; dous empresarios de hostalería, César Gallego e César Bonilla, foron recoñecidos nos premios Picadillo; e dous mascaróns de proa da cociña coruñesa, como son Iván Domínguez e Luis Veira, ocuparon lugares simbólicos neste Fórum", explicou Lema. O responsable municipal salientou tamén que, por primeira vez, contou cun stand de Saborea España, plataforma á que pertence A Coruña, "unha proposta que incide no camiño de internacionalización do noso municipio como destino turístico e gastronómico".

O responsable de Emprego e Economía Social destacou a "boa aceptación" por parte da cidadanía así como "a importante influencia de público" aos eventos do Fórum Cidade que se celebraron por primeira vez este ano en colaboración co colectivo Coruña Cociña, integrado por cociñeiras e cociñeiros da cidade, como o gastrofestival A Coruña Sabe, celebrado no Palexco o sábado 11, "unha boa oportunidade para visibilizar a oferta culinaria máis innovadora da cidade". O edil avanzou que Goberno local "ten intención de darlle continuidade nos próximos anos" a unha iniciativa "proposta polo propio colectivo". Dentro do Fórum Cidade tamén tivo lugar, o domingo 12, a xornada A catro mans, na que nove restaurantes da cidade abriron as súas portas a outros tantos profesionais da gastronomía coruñesa para ofrecer creacións conxuntas, "unha oportunidade para poñer en valor a cociña atlántica, ante a convivencia estes días na cidade de numerosos profesionais do sector chegados de todo o mundo", destacou Lema.

O edil estivo acompañado na rolda de presentación por Lanzada Calatayud, xerente de Turismo da Coruña, o deputado provincial de Turismo, Xosé Regueira, os directores do Fòrum Gastronòmic, Pep Palau e Jaume von Arend, e por Manuel Pérez Piñón, representante de Hijos de Rivera SAU, empresa patrocinadora. Palau cualificou esta terceira edición, que tivo como eixo temático A Nova Cociña Galega, como "a máis exitosa de cantas tiveron lugar estes anos en Galicia, unha opinión na que concordan cociñeiras, cociñeiros, público profesional e patrocinadores do evento".

Gabinete de Comunicación do Concello de A Coruña, 2017-03-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES