Notas de prensa

O fórum gastronómico da Coruña promove do 12 ao 14 de marzo o cooperativismo

Estarán representadas preto de 20 cooperativas que poderán establecer contactos e relacións comerciais, ao tempo que participarán en encontros con 12 importadores estranxeiros. Xunta e Consello Galego de Cooperativas contarán cun stand no evento onde se informará sobre as vantaxes da economía social e as súas potencialidades.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Consello Galego de Cooperativas estará presente no Fórum Gastronómico 2017, que terá lugar en Expocoruña entre os días 12 e 14 de marzo, cun stand propio onde se informará sobre todos os aspectos do cooperativismo, as súas potencialidades e as solucións que ofrece como modelo empresarial capaz de manter e crear emprego.

No stand daranse a coñecer ao público e aos profesionais asistentes produtos e servizos prestados por 16 cooperativas galegas co fin de establecer contactos e relacións comerciais e de desenvolver redes de cooperación empresarial para, deste xeito, contribuír a fortalecer o sector e poñer en valor o feito diferencial cooperativo.

Así mesmo, as cooperativas asistentes participarán en encontros con doce importadores estranxeiros procedentes de Holanda, Bélxica, Reino Unido, Irlanda, Polonia e México co fin de darlles a coñecer os produtos novedosos e de calidade da gastronomía galega.

As cooperativas involucradas este ano, que presentarán produtos lácteos e derivados, apícolas, cárnicos, hortofrutícolas, do mar e da pesca, vitivinícolas e doutras bebidas son: Artesáns da Pesca, Cannaliza, Como Cabras, Condado Paradanta, Cooperativa Agraria Provincial, Cooperativas Lácteas Unidas, Milhulloa, Productores del Campo de Capela, Pulponor, Terras da Mariña, Verín-Biocoop e Vicogalo e as adegas cooperativas Jesús Nazareno, Virgen de las Viñas e Eidosela, ademais do centro especial de emprego Freshcut.

Nestes tres días, ademais, os visitantes que se acheguen á Coruña poderán participar en talleres de cociña, sesións monográficas de produtos, degustacións, exposicións de produtos alimentarios e artesáns ou concursos.

O Fórum, contará con máis de douscentos expositores, cen cociñeiros (sesenta deles galegos), dez food trucks, música, espectáculos e actividades monográficas sobre produtos específicos como o Túnel do Viño, A Coruña Sabe, o Recuncho do Café, o Fórum Doce, ou Fórum Viño, entre outros.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-03-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES