Notas de prensa

O arqueólogo Celso R. Cao e Solo Voces guían a primeira visita da ‘Noite na Domus’

O programa ‘Noite na Domus’, unha actividade complementaria do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ e a través do que se ofrecen visitas guiadas con acompañamento musical ao xacemento da Domus do Mitreo, comeza o xoves 2 de marzo, a partir das 20.45 horas. O obxectivo desta iniciativa é afondar no coñecemento da historia a través dunha viaxe musicada pola xacemento.

As persoas interesadas en participar nas visitas programadas para o xoves 2 de marzo, en quenda de 20.45 horas ou en quenda de 21.45 horas, poderán recoller de balde as entradas este mércores 1 de marzo, en horario de 10.00 a 14.00 horas, nas oficinas de Cultura situadas na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, na Praza de Pío XII. O número de asistentes en cada pase está limitado a 25 persoas.

O arqueólogo e director da escavación da Domus do Mitreo, Celso R. Cao, será o encargado de guiar as visitas organizadas ao abeiro deste programa, que contempla xornadas de visitas musicadas os primeiros xoves dos meses de marzo, abril e maio.

O obxectivo desta iniciativa non é outro que o de afondar no coñecemento da historia a través dunha viaxe musicada pola xacemento que permita ao espectador achegarse tamén ás diferentes épocas históricas a través das súas composicións sonoras. Daquela, Solo Voces, Germán Díaz e Lucus Ensemble serán os encargados de transmitir a música que escoitaban os nosos antepasados.

A Noite na Domus permitirá aos asistentes descubrir a familia do centurión que habitou esta casa, os motivos do seu traslado, o cargo e os cometidos que desempeñou, xa que máis que un centurión era e persoa encargada da recada tributaria no Norte peninsular. De feito, como curiosidade cómpre dicir que a propia ara ou altar na honra de Mitra fai máis fincapé en cuestións de recadación que de devoción.

Celso R. Cao guiará esta visita pola historia que amosa o propio xacemento, un percorrido no que estará acompañado dos compoñentes de Solo Voces. Esta agrupación vocal comezará a súa intervención con cantigas medievais para, a partir de aí interpretar composicións que van desde o século XV ata o XIX.

A Idade Media tamén cobrará relevancia na disertación de Celso. R. Cao, quen chegado a este punto do itinerario histórico fará fincapé na construción da catedral e a súa necrópole, así como noutros feitos relacionados, tales como o son o feito de que basílica non ocupe un lugar central dentro do burgo.

Chegados ao século XVIII, ‘Noite na Domus’ posibilitará unha aproximación ao Pazo de Montenegro, en cuxa fachada aínda se poden atopar elementos decorativos da catedral. As composicións musicais xurdidas da basílica neste século, así como outras creacións máis recentes tamén formarán parte do repertorio que interpretará Solo Voces.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2017-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES