7 carrozas, 15 comparsas e 9 grupos participarán no desfile de Entroido de Compostela
As cifras de participación son similares aos de anos anteriores, coa novidade de que este ano se inscribiron comparsas máis numerosas, de ata 65 membros. Como é habitual, a súa procedencia vai moito máis alá de Compostela, e participarán no desfile carrozas e comparsas procedentes de lugares como Portonovo, Tomiño ou a localidade asturiana de Tapia.
Centos de persoas participan no desfile do martes de Entroido, a cita máis importante do Carnaval de Santiago de Compostela. A súa saÃda está prevista para as 17:30 horas, dende a estación do ferrocarril, para rematar na avenida de Xoán Carlos I. AlÃ, a partir das 21:00 horas, celebrarase a entrega de premios, que se manteñen nas contÃas do ano pasado. AsÃ, haberá galardóns nas categorÃas de carrozas, comparsas, grupos, parella, disfrace individual, e premios especiais para a mellor comparsa procedente das parroquias e barrios do Concello de Santiago. En total repartiranse 16.000 euros en premios.
No desfile do martes de Entroido participarán sete carrozas, 15 comparsas e nove grupos. Tamén se inscribiron para o concurso catro parellas e once disfraces individuais. As cifras de participación son similares aos de anos anteriores, coa novidade de que este ano se inscribiron comparsas máis numerosas, de ata 65 membros. Como é habitual, a súa procedencia vai moito máis alá de Compostela, e participarán no desfile carrozas e comparsas procedentes de lugares como Portonovo, Tomiño ou a localidade asturiana de Tapia de Casariego.
Este ano vanse repartir 16.000 euros en premios, nas categorÃas de carrozas, comparsas, grupos, parella e disfrace individual. Tamén haberá premios especiais para a mellor comparsa procedente dos barrios e parroquias de Santiago.
O percorrido do desfile do martes de Entroido será o mesmo de anos anteriores. Os participantes empezan a concentrarse ás 16:30 horas na Estación de Ferrocarril. Dende alÃ, discorrerá polas rúas Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, para rematar na avenida de Xoán Carlos I. Nestas rúas estará prohibido o estacionamento entre as 14:00 horas e o remate do desfile.
Asà mesmo, produciranse cortes intermitentes de tráfico nas mesmas rúas, polo que se recomenda na medida do posible evitar circular pola zona do Ensanche.
Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2017-02-27
Actualidad
Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e MarÃa Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuÃto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañÃas e profesionais de numerosos paÃses arredor dunha programación artÃstica, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artÃsticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
O Instituto Nacional de EstatÃstica (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estÃmase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.
Notas
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañÃas das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous dÃas ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañÃa de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importaÂ’, unha coreografÃa colectiva con dirección artÃstica de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofÃa, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación OntoloxÃas da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxÃa.