Vedra celebra as XXII xornadas Arredor da Camelia, referente internacional
A directora de Turismo de Galicia destaca a aposta da Administración autonómica por poñer en valor o patrimonio botánico a través da Ruta da Camelia que xa é todo un referente internacional”. O Comité da Ruta da Camelia será un “paso definitivo” para profesionalizar os xardÃns.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asistiron en Vedra á inauguración das XXII Xornadas Arredor da Camelia, organizadas pola Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla en colaboración co Concello de Vedra.
No contexto destas xornadas, organizadas ao carón do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla e que axudan ano a ano a consolidar a camelia como un recurso diferenciador de Galicia, Nava Castro fixo mención á aposta da administración autonómica por poñer en valor o noso patrimonio histórico e botánico a través da Ruta da Camelia, da cal afirmou “xa é todo un referente internacional”.
Segundo explicou, esta ruta construÃda por unha ducia de xardÃns tanto públicos como privados está a dar a coñecer os recursos dos concellos nos que se sitúan os principais enclaves e xardÃns con camelias. Neste senso, puxo en valor a sinalización turÃstica propia destes lugares que permite identificalos de xeito sinxelo.
Durante o acto, Nava Castro recordou ademais que este mesmo ano, a administración autonómica porá a funcionar o Comité da Ruta da Camelia. “Será un paso definitivo para a profesionalización dos xardÃns con este produto único en Galicia”, indicou a directora incidindo en que a nosa comunidade é o segundo lugar con máis variedades de camelia despois do Xapón, ao albergar máis de duascentas especies e preto de 30 mil variedades diferentes.
Ademais, engadiu que ningún outro lugar ofrece ao visitante unha variedade de especies de flor de camelia, de coleccionistas, de exposicións e de produtores de planta de camelia que se pareza á de Galicia.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-02-24
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.