Notas de prensa

Preséntase a Festa da Filloa de Lestedo, de interese turístico galego desde 2008

Este festexo, que pon en valor un dos produtos máis auténticos de Galicia, conta coa declaración de festa de interese turístico de Galicia desde 2008. A directora xeral de Turismo, Nava Castro, destaca a importancia das nosas festas e feiras gastronómicas na consolidación de Galicia como destino turístico único.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o e o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández, presentaron a Festa da Filloa de Lestedo nun acto que tivo lugar no Hostal Reis Católicos en Santiago de Compostela.

Este festexo, que pon en valor un dos produtos máis auténticos de Galicia, conta coa declaración de festa de interese turístico de Galicia en recoñecemento á súa tradición, á singularidade de utilizar unha filloeira artesanal e ao feito de que todo o pobo participe desta celebración.

Durante o acto de presentación, a directora de Turismo de Galicia, resaltou o traballo do centenar de veciños que fai posible ofrecer as filloas ás miles de persoas que todos os anos acoden a Lestedo a festexar esta celebración.

Nava Castro destacou que a Festa da Filloa non ten só carácter gastronómico, xa que todos aqueles que visiten Lestedo nesta xornada poderán desfrutar dos “Xenerais”, as personaxes máis típicas do entroido desta zona e unha antiga tradición da comarca do Ulla.

A responsable de Turismo da Xunta manifestou que esta festa se converte no reclamo perfecto para coñecer esta localidade da provincia da Coruña na que, segundo explicou, se pode visitar o Pazo de Oca, as cataratas do río Toja ou o mosteiro de Carboeiro, entre outros moitos lugares únicos. Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta destacou outro dos grandes atractivos de Lestedo, o Pico Sacro, dende onde se divide o val do Ulla e Santiago de Compostela. “Unha das montañas máis coñecidas de Galicia que marca a última etapa da Vía da Prata”, sinalou Nava Castro. “Todos estes recursos e moitos máis acompañan a esta cita gastronómica e convértense na oferta complementaria dunha zona de Galicia que ten moito que ofrecer”, afirmou a directora de Turismo.

Importante reclamo de atracción turística

Nava Castro explicou que as festas, polas súas características e singularidades e polo seu recoñecemento e prestixio a nivel autonómico, son un recurso que manter e potenciar, xa que a súa celebración supón un importante reclamo de atracción turística.

Nesta liña, a directora de Turismo de Galicia afirmou que, ademais, engaden importantes accións de difusión turística que constitúen un extraordinario incentivo para as economías locais. “Por todo isto fomentamos a súa difusión e promoción”, sinalou.

“Esta nova edición da Festa da Filloa é unha mostra máis de que conservar as nosas tradicións, o noso xeito de vivir e desfrutar de Galicia, é o que nos fai un destino único”, concluíu Nava Castro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-02-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES