Notas de prensa

Un documental afonda na vinculación de Julio Cortázar con Galicia

Juan de la Colina dirixe a peza audiovisual ‘Cortázar Galicia’, que se proxectou na sede da Fundación Eugenio Granell co apoio da Secretaría Xeral de Cultura. A obra exhibida narra as viaxes que o escritor arxentino e Aurora Bernárdez realizaron a Galicia nos anos 1956 e 1957. Este arquivo fotográfico e fílmico foi depositado por Aurora Bernández no CGAI en 2006.

A sede da Fundación Eugenio Granell acolleu a proxección do documental ‘Cortázar Galicia’, unha peza audiovisual dirixida por Juan de la Colina arredor das viaxes que o escritor arxentino e Aurora Bernárdez realizaron a Galicia nos anos 1956 e 1957.

Durante a presentación do traballo, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou o interese da obra para afondar na intensa vinculación que o autor arxentino mantivo con Galicia, así como na presenza que esta terra tivo no seu universo literario. Tamén recordou o papel da primeira muller de Cortázar, Aurora Bernárdez, nesta relación, que, con todo, xa comeza antes de que o escritor a coñeza.

As cartas e outros textos sobre as viaxes que Julio Cortázar fixo a Galicia son a base desta peza documental, producida por Miramemira coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura, e que se apoia en documentación facilitada polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), pola Fundación Juan March e pola Fundación Luís Seoane.

O arquivo fotográfico e fílmico de Julio Cortázar foi depositado por Aurora Bernández no Centro Galego de Artes da Imaxe, xestionado pola Consellería de Cultura, Educación e O.U., no ano 2006 para a súa custodia e conservación.

Producido por Miramemira coa colaboración da Xunta de Galicia, o documental estreouse en 2014 no marco do centenario do escritor, co obxectivo de favorecer o achegamento ao universo galego dun dos nomes máis destacados da literatura universal.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-02-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES