Notas de prensa

A chegada de Donald Trump á Casa Blanca, a debate nos Encontros Internacionais: cultura e Política

Max Jean Zins e Jesús Varela Zapata abordan aspectos xeoestratéxicos da política de Trump no marco dun coloquio titulado 'Donald Trump: Cara a onde soprarán os ventos'. Debátense aspectos xeostratéxicos da política do presidente estadounidense.

A chegada de Donald Trump á Casa Branca centra no auditorio da Casa do Saber de Lugo, a temática do coloquio ‘Donald Trump: Cara a onde soprarán os ventos’, un foro organizado no marco dos ‘Encontros Internacionais: Cultura e Política’, no que intervirán como relatores o profesor ad honorem da Facultade de Humanidades da USC Max-Jean Zins e o tamén docente no centro universitario lugués Jesús Varela Zapata.

O xornalista e vicepresidente da Asociación da Prensa de Lugo, Antón Grande, é o encargado de moderar esta sesión, un foro de entrada libre e gratuíta para todo o público interesado, no que os dous relatores convidados abordarán algúns dos aspectos xeostratéxicos da política impulsada polo actual presidente estadounidense.

A comparación entre o actual xiro político que implica a suposta alianza entre EE.UU. e Rusia fronte a China fronte acaecido na década dos anos 70 do pasado século XX, cando Nixon optou en favor de China contra Rusia, será un dos puntos de debate no marco deste foro, que tamén analizará as implicacións do cambio político actual no eido da política económica. As novas tensións xurdidas na política interior de Estados Unidos, en parte relacionadas coa posición frontal contra a emigración musulmana e mexicana de Trump, tamén serán obxecto de análise nesta sesión.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2017-02-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES