Notas de prensa

32 artistas e bandas actúan este semestre en 27 salas da Rede Galega de Música ao Vivo

Agadic promove este circuíto de locais de capacidade reducida, que conta cun orzamento de 44.600 euros para os 87 concertos e monólogos que se desenvolverán durante o seu primeiro ciclo de programación anual para atender as necesidades de distribución dos grupos e intérpretes musicais galegos de moi diferentes estilos.

A Rede Galega de Música ao Vivo, circuíto promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Educación en colaboración cunha trintena de salas das catro provincias, programa durante este primeiro semestre do ano 87 concertos e monólogos dun total de 32 formacións artísticas, galegas na súa meirande parte.

Esta rede, para a que se conta tamén coa implicación da Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo Clubtura, dispón de espazos asociados en 19 localidades e dun orzamento para esta carteleira semestral de 44.600 euros, dos que 37.910,85 son achegados pola Agadic e os 6.690,15 restantes polos espazos que programan durante este período.

O obxectivo prioritario do circuíto é atender as necesidades de distribución dos grupos e intérpretes musicais galegos de moi diferentes estilos, ademais de contribuír á estabilidade na programación das salas galegas de música en directo.

Oitenta e catro concertos e tres monólogos

Neste sentido, os concertos constitúen a oferta predominante da RGMV, que ata xuño programará un total de 84 concertos e tres monólogos. Cunha media de tres actuacións por grupo, destacan nesta relación artística nomes como The Lákazans, con seis concertos, Villanueva con cinco e Igloo e Ivy Moon con catro cada un. A rede programará tamén a Adrián Costa, Aló Djangó, Andhrea & The Black Cats, Banda Crebinsky, Brigada Bravo & Díaz, Clave de Fado, Dakidarría, Eladio y los Seres Queridos, Faltriqueira, Far Away Place, Ith, Maryland, MJ Pérez, Piña, Por Placer, Secho y los Invisibles, Sinestesia, Sonia Lebedynski, Sumrrá, The Llolipops, Tincho Fernán, Tonichi y Pacheco, Tractor Troy, Helena Goch, The Lines e Frankie Chávez. A oferta complétase cos monólogos de Alberte Montes e Padre Merino.

Xunto coa Rede Galega de Salas, a Rede Galega de Teatros e Auditorios e Cultura no Camiño (os outros tres circuítos de distribución de espectáculos xestionados pola Agadic), a RGMV ofrécelles aos grupos musicais galegos unha canle estable de exhibición, ao tempo que lles achega aos espectadores unha moi variada oferta, tanto no que se refire aos estilos musicais como á descentralización xeográfica.

Este calendario cultural, que pode consultarse en www.cultura.gal/axenda e www.agadic.gal/Axenda, esténdese polas seguintes salas: BâBâ Bar da Coruña, Fórum Celticum de Culleredo, Sala Super 8 de Ferrol, A Ventana de Laxe, A Fundación e Pub Gatos de Melide, Borriquita de Belém, Casa das Crechas, Moon Music Club, Sala Capitol e Sala Sónar de Santiago de Compostela, Sala O Muíño de Cervo, Club Clavicémbalo de Lugo, Café Bar Cultural Roi Xordo de Allariz, Sala Baranda do Barco de Valdeorras, Café Cultural Auriense de Ourense, O Con do Moucho da Illa de Arousa, Aturuxo de Bueu, SalaSon de Cangas, Var con Uve de Moaña, Náutico do Grove, Sala Karma de Pontevedra, El Contrabajo, La Casa de Arriba, La Fábrica de Chocolate Club e La Iguana Club de Vigo e Sala Bianco Sama de Vilagarcía de Arousa.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-01-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES