A comedia Get Back estréase no Teatro RosalÃa como parte do ciclo de apoio á creación galega
Tal e como sinalaron as actrices Tamara Canosa e Mercedes Castro, a obra sitúa aos cinco personaxes atrapados nun vagón do metro londinense. "Fala de obrigarse a parar e mirar, nun mundo que vai a velocidade de metro", indicou Canosa, que salientou que a produción chega á cidade despois de encher os teatros en Santiago e Vigo.
A obra, primeira aproximación á dirección teatral do cineasta coruñés Jorge Coira, pode verse o venres 27 e sábado 28 de xaneiro ás 20.30 horas. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou a estrea na cidade da obra teatral Get Back, que se representa no Teatro RosalÃa, dentro da programación do Ciclo Principal. Trátase, como fixo notar o concelleiro, dunha comedia que trae Eme2 Produccións, dirixida por un "home de cine", como é o director coruñés Jorge Coira, a partir dunha idea orixinal do crÃtico e creador Camilo Franco e con texto do escritor Diego Ameixeiras. Na presentación, na que estaba presente o seu director, asà como parte do reparto e o director do teatro RosalÃa, Sande destacou o "necesario apoio á creación galega" e salientou a importancia de "todas as apostas do Ciclo Principal", asà como a variedade de textos e obras seleccionadas na súa programación para esta tempada. Pola súa banda, Coira salientou no acto o "fascinante" da que é a súa primeira experiencia como director de teatro, "pero non a última".
Tal e como sinalaron as actrices Tamara Canosa e Mercedes Castro, a obra sitúa aos cinco personaxes atrapados nun vagón do metro londinense. "Fala de obrigarse a parar e mirar, nun mundo que vai a velocidade de metro", indicou Canosa, que salientou que a produción chega á cidade despois de encher os teatros en Santiago e Vigo.
As entradas pódense adquirir no despacho de billetes da praza de Ourense, no propio teatro RosalÃa (o dÃa da función) ou na plataforma de Televenda (902 044 226) a prezos que van desde os 6,5 aos 14 euros, con descontos do 20% para persoas desempregadas, maiores de 65 anos e posuidoras do Carné Xove.
Gabinete de Comunicación da Concello de A Coruña, 2017-01-26
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.