Os novos bolseiros da Fundación Galicia Europa comezan a súa formación en Santiago e Bruxelas
A Fundación convoca estas bolsas de formación que permiten a titulados universitarios e técnicos superiores de FP completar e enriquecer a súa formación. Téñense beneficiado máis de 400 mozas e mozos desde que a Fundación se puxo en marcha hai xa case 30 anos.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro cos bolseiros da Fundación Galicia Europa, que comezarán a súa formación nas sedes da Fundación, tanto na de Bruxelas como na de Santiago, ao longo deste ano.
A Fundación Galicia Europa convoca estas bolsas de formación que supoñen un investimento duns 85.000 euros ao ano, e que permiten a titulados universitarios e técnicos superiores de FP completar e enriquecer a súa formación, e das que xa se teñen beneficiado máis de 400 mozas e mozos dende que a Fundación se puxo en marcha hai xa case 30 anos.
Ao longo deste ano 2017 a Fundación, reforzada con un incremento do orzamento do máis do 7 por cento, continuará a traballar por defender os intereses de Galicia ante a UE, informando sobre a UE en Galicia, promovendo a participación galega en proxectos europeos, e formando e sensibilizando á cidadanÃa sobre asuntos europeos, construÃndo asà a mellor ferramenta para manter Galicia permanente conectada coa capital europea.
As bolsas para o ano 2017 teñen unha duración de 11 meses, comezando as prácticas o 23 de xaneiro e rematando o 22 de decembro de 2017. AsÃ, catro bolsas están destinadas a tituladas/os universitarias/os para a formación no seguimento dos asuntos relacionados coas institucións comunitarias e coas súas polÃticas asà como coa captación de financiamento comunitario e xestión de proxectos europeos. Destas catro bolsas, dúas están destinadas na oficina da FGE de Bruxelas e outras dúas na de Santiago de Compostela.
E as outras dúas bolsas están dirixidas a tituladas/os universitarias/os para a formación en comunicación e información das polÃticas comunitarias, das actividades da FGE e da presenza de Galicia nos organismos europeos, con destino na oficina de Bruxelas; e para técnicas/os superiores de formación profesional para a realización de prácticas con destino na oficina de Bruxelas.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-01-18
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.