Notas de prensa

Acordo para o asentamento de novos proxectos empresariais na capital galega de cara ao Xacobeo

A Xunta, o concello de Santiago, a USC, a Asociación Ãrea Empresarial do Tambre e a Cámara de Comercio asinan un acordo para acadar o asentamento de novos proxectos que xeren riqueza e emprego en Compostela e na comunidade. Nos dous últimos anos se venderan preto de 70.000 metros.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asinaron un acordo co alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o reitor da Universidade de Santiago (USC), Juan Viaño, os presidentes da Asociación Ãrea Empresarial do Tambre, Jesús J. Chenel, e da Cámara Oficial de Comercio, Jesús Asorey, para acadar a promoción e captación de investimentos e o asentamento de novos proxectos empresariais que xeren riqueza e emprego en Compostela e na comunidade.

Vázquez Mourelle explicou que o seu departamento continuará a traballar para poñer á disposición das empresas solo en condicións vantaxosas, como as que se ofrecen no parque industrial da Sionlla, con bonificacións do 30% no prezo do solo empresarial. Concretou que esta medida ten permitido que, nos dous últimos anos, se venderan preto de 70.000 metros de solo empresarial a prezos bonificados, máis de 43.000 destes metros no pasado ano 2016.

A titular de Infraestruturas tamén indicou que a Xunta seguirá a potenciar a oferta de solo en dereito de superficie –semellante a un alugueiro simbólico con dereito a compra-, que no caso do parque da Sionlla está ligado a sectores singulares, estratéxicos e preferentes para Santiago: a biotecnoloxía e da construción e rehabilitación sostible, polo tanto, todo o relacionado coas ciencias da saúde e coa transformación da madeira.

Cómpre lembrar que o Goberno galego tamén está a traballar para dotar á zona norte de Santiago de infraestruturas axeitadas que contribúan ao desenvolvemento económico e social de Compostela. Neste contexto, cobra unha importancia estratéxica a variante de Aradas, que a Xunta vén de licitar hai unhas semanas e cuxa execución se iniciará a mediados deste ano.

Esta estrada de 1,6 km, que suporá un investimento de 6,9 millóns de euros, actuará de variante de toda a zona norte da cidade, canalizando os tráficos procedentes de Portomouro, Santa Comba, Val do Dubra, Carballo e Trazo; mellorará as conexións da zona empresarial; e retirará das rúas da cidade, na zona de Vite e Vista Alegre, máis de 3.000 vehículos diarios, a metade deles pesados.

Ethel Vázquez subliñou a importancia deste tipo de actuacións que o Executivo autonómico está a impulsar para lograr a dinamización económica e o crecemento da comunidade. Así, precisou que este convenio pretende xuntar os esforzos das distintas administracións e organismos privados e aproveitar sinerxías para promover o asentamento e consolidación de empresas neste polo industrial que xa é Santiago de Compostela, contribuíndo, entre todos e desde a capital de Galicia, ao desenvolvemento económico e social da cidade e de toda a comunidade.

Pola súa parte, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria destacou que este convenio permitirá desenvolver actuacións que faciliten a planificación de novas iniciativas e infraestruturas que contribúan ao asentamento de empresas e á captación de investimentos, o que significa unha "oportunidade para seguir fixando tecido industrial en Santiago e favorecer o seu proceso de modernización". O conselleiro indicou que o acordo se enmarca tamén na aposta da Xunta pola Industria 4.0, a innovación e a internacionalización das empresas galegas. Neste sentido, destacou que en Santiago existen dous sectores emerxentes para fixar tecido empresarial e crear emprego de calidade: a biotecnoloxía e a industria da madeira, para a que lembrou a posta en marcha da Axencia da Industria Forestal de Galicia.

Este acordo completa o traballo que está a realizar a Xunta para impulsar os parques empresariais, como o plan de axudas ás infraestruturas dos polígonos industriais por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que investiu entre 2013 e 2016 ao redor de 6,5 millóns de euros no desenvolvemento de máis de 90 actuacións na provincia da Coruña.

Estas medidas, xunto a consolidación da recuperación económica de Galicia, tradúcense nun crecemento do 17% no número de empresas creadas en 2016 na provincia da Coruña, un punto por riba da media autonómica. Na provincia creáronse máis de cinco firmas cada día.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-01-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES