Notas de prensa

O CDG reactiva o programa de residencias no Salón Teatro con Política de terra queimada

A compañía Santa Nómina e a ESAD coproducen este espectáculo, que ocupa en ensaios o escenario do Salón Teatro da capital galega ata o xoves 19 de xaneiro, e se exhibe ao público entre o venres 20 e o domingo 22 de xaneiro. O plan de apoio da compañía institucional a distintos procesos de posta en escena inclúe tamén este ano as montaxes de Desconexión, Tropical e Elisa e Marcela.

O espectáculo Política de terra queimada ocupa o escenario do Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde desenvolverá catro xornadas de residencia que culminarán con tres representacións diante do público o venres, sábado e domingo. Este proxecto escénico da compañía galega Santa Nómina en coprodución coa Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia abre o plan de residencias de 2017 do Centro Dramático Galego (CDG), ao que se sumarán este ano outros tres títulos: ‘Desconexión’, ‘Tropical’ e ‘Elisa e Marcela’.

Germán Gundín, Merche Pérez, Antón Piñeiro, Diego Rodríguez e Amanda Seijas asinan colectivamente a creación de ‘Política de terra queimada’, a quen se lles une na interpretación a voz en off de Pablo Calvo para poñer en pé esta proposta sobre os conceptos de ecoloxía medioambiental e social. Para a súa escrita, os coautores seguen un modelo de ‘dramaturxia asociativa’, que hibrida e mestura distintas linguaxes e modalidades escénicas como o son o teatro ritual, a performance, a danza, o teatro de obxectos ou a música en directo. Son tamén os mesmos membros do equipo os que se fan cargo da escenografía, o vestiario, a iluminación, a música, o son ou o deseño de máscaras.

Novos creadores e dramaturxias

Con este proxecto, ademais, o CDG e a ESAD comezan unha liña de colaboración centrada no fomento do intercambio entre as dúas institucións para a incorporación dos artistas máis novos ao panorama escénico profesional. De feito, o denominador común do programa de residencias da compañía pública para 2017 é prestar apoio os creadores e creadoras galegas pertencentes ás novas xeracións e con con probada calidade no seu facer.

Deste xeito, os medios técnicos e humanos do Salón Teatro incorpóranse aos procesos de montaxe de distintos proxectos cun tempo de duración variable, a partir da solicitude das compañías e como xeito de prestar apoio ás principais necesidades de cada caso en canto a luz, son, atrezzo, xestión, etc. En paralelo, aténdese tamén á demanda da contribución para a posta en escena de pezas froito das novas dramaturxias galegas e da escrita de autores e autoras actuais no marco continuo ‘Dramaturxente’, que tamén desenvolve o CDG.

Variedade de propostas

Así, a ‘Política de terra queimada’ (que comparte estes días o escenario coa campaña escolar en horario matinal que está a levar a cabo Talía Teatro cos emblemáticos ‘Bicos con lingua’ e ‘Pelos na lingua’), sucederán nos vindeiros meses outras tres residencias arredor dos espectáculos ‘Desconexión’, en febreiro; ‘Tropical’, en maio; e ‘Elisa e Marcela’, en setembro.

Santiago Cortegoso asina a dramaturxia e a dirección de escena de ‘DesconexiónÂ’, unha produción de Xurxo Cortázar con Crémilo (como produtora asociada e distribuidora) que interpreta o propio Cortázar xunto con Marián Bañobre (voz en off). Estará en residencia do 3 ao 9 de febreiro e ofrecerá funcións do día 10 ao 12. Pola súa banda, Elefante Elegante principiou xa o período de preprodución de ‘TropicalÂ’, un espectáculo no que a compañía de Gonçalo Guerreiro e María Torres conta coas coreografías de Ãnxela Blanco e o asesoramento antropolóxico de Carlos Diz. A súa residencia na sede do CDG será do 8 ao 11 de maio e as representacións do 12 ao 14. Xa en setembro, chegará ‘Elisa e Marcela, coprodución do CDG con A Panadaría como primeira actividade para a próxima temporada 2017-2018. O texto de Gena Baamonde, Esther F. Carrodeguas e o trío A Panadaría levarase ás táboas coa interpretación de Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Keldelman e cun equipo artístico integramente feminino. Neste caso, o período de residencia prolongarase 20 días: do 4 ao 24 de setembro; en tanto que se programarán catro representacións, do 26 ao 28 de outubro.

A estes tres títulos uniranse as representacións no Salón Teatro do 19 ao 21 de maio de ‘Salvador’, espectáculo de Borja Fernández que realizou xa a súa residencia entre os pasados 11 e 15 de decembro de 2016.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-01-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES