Notas de prensa

Cultura e Educación celebra o 24 de xaneiro no Gaiás unha xornada sobre o legado e o patrimonio de Camilo José Cela

O catedrático Adolfo Sotelo Vázquez, comisario da exposición coa que a Cidade da Cultura conmemora o centenario do Nobel, aborda a personalidade poliédrica do escritor de orixe galega no marco da exposición “CJC 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade”, que acolle o Museo Centro Gaiás ata o 19 de febreiro.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o 24 de xaneiro no Gaiás unha xornada na que profundar na figura, o legado e a posta en valor do patrimonio literario e iconográfico de Cela. No marco da exposición “CJC 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade”, que acolle o Museo Centro Gaiás ata o 19 de febreiro, esta xornada contará co comisario da mostra, Adolfo Sotelo; a responsable da montaxe, Marta Villar; e o persoal da Fundación Camilo José Cela de Iria Flavia.

A xornada ‘Camilo José Cela. O centenario dun Nobel’ arrancará ás 16:30 horas no Museo Centro Gaiás e abordará as múltiples caras do escritor galego: novelista, articulista, dramaturgo, poeta, académico... pero tamén editor, pintor, coleccionista ou actor. Será unha viaxe pola aventura persoal, intelectual, literaria e artística de Cela a través dos expertos que confeccionaron a exposición coa que se celebra o seu centenario.

De balde previa inscrición

O comisario da mostra, Adolfo Sotelo Vázquez, catedrático de Historia da Literatura Española da Universidad de Barcelona, Decano da Facultade de Filoloxía e Letras da Universidade de Barcelona e director do seu Departamento de Filoloxía Hispánica, pronunciará unha conferencia na que a figura polifónica de Cela. Gran coñecedor dos seus escritos –traballa desde hai máis de vinte anos ao redor da personalidade e o universo literario do Premio Nobel, Sotelo Vázquez aportará novas visións dese personaxe poliédrico que foi o escritor de Iria Flavia.

Pola súa banda, a directora artística e decoradora Marta Villar Sanjurjo fará unha explicación da montaxe da exposición, ao tempo que o público descubre a mostra. Para rematar, a xornada contará coa Fundación Pública Gallega Camilo José Cela, fundada polo propio escritor e encargada, desde o seu falecemento en 2002, de custodiar e manter o inxente legado doado gratuitamente para a posteridade.

A xornada é de balde mais é preciso inscribirse previamente en cidadedacultura.gal.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-01-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendio_monte_pindo_noche.jpg) Feijóo valora la disposición del Gobierno central de aprobar un paquete de ayudas que se compatibilizarán con la hoja de ruta trazada en la comisión postincendios, así como en la reunión que tendrá lugar entre la Delegación del Gobierno, la Xunta y las diputaciones. Hace hincapié en que el Gobierno gallego ya está trabajando de cara a el futuro. ”Y eso implica dar respuesta a los afectados, a los ciudadanos y a la naturaleza“.
Foto de la tercera plana (30_aniversario_camino_santiago.jpg) Feijóo destacó que en el 2021 Compostela volverá a ser la capital del mundo. “Estamos preparados para eslabón”, dijo, recordando que el Plan director y estratégico del Camino de Santiago puesto en marcha en el 2015 pretende, con un presupuesto de 56 millones de euros, entre otros objetivos, la promoción intensa de los nueve itinerarios xacobeos.

Notas

O titular da Xunta incide en que, lonxe de ser un problema sectorial ou un problema territorial, o brexit é un reto colectivo que debe afrontar toda Europa. Feijóo participou na inauguración do seminario "Brexit: por que ameaza o sustento das comunidades pesqueiras de toda Europa?" e salienta que este golpe á pesca europea tamén afectaría a Galicia.
O proxecto AAMA de Francisco Ramallo gaña a V Convocatoria de Intervencións Artísticas neste espazo, convocada entre os participantes do último Encontro de Artistas Novos. O artista pretende que esta iniciativa se converta nunha ferramenta para loitar contra o esquecemento arquitectónico, á vez que nun lugar de investigación e reflexión.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania