Notas de prensa

Unha campaña busca captar novos socios e socias para o Museo do Pobo Galego

A campaña pretende ser unha forma de que esta entidade poida seguir aumentando a súa cifra de persoas asociadas, tendo como elemento central da mesma a figura das persoas que conforman a base social do Museo. A entidade entende que os seus socios e socias son parte do sostén económico e social e tamén testemuña da participación da sociedade no Museo.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado do presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi, e do fotógrafo e representante dos socios e socias da entidade, Tino Viz, deu a coñecer a campaña Teño un museo, que se estende a toda a sociedade.

A campaña pretende ser unha forma de que esta entidade poida seguir aumentando a súa cifra de persoas asociadas, tendo como elemento central da mesma a figura das persoas que conforman a base social do Museo. A entidade entende que os seus socios e socias son parte do sostén económico e social e tamén testemuña da participación da sociedade na construción do Museo.

Martiño Noriega cualificouno como "un centro que pretende ser o museo de todas e todos os galegos, pero que ademais, dende a propia forma xurídica en que se constitúe, a asociación fai que cada persoa asociada sexa dona e responsable da entidade". Esta é a idea que a campaña recolle dende o seu mesmo título, Teño un museo.

Para Justo Beramendi, "segue a ser fundamental o conxunto dos socios do Museo, que non só contribúen ao seu sostemento económico, senón que son as súas raíces na sociedade. Con tal fin, engadiu, "están encadrados e imbricados nos órganos de representación e goberno da nosa estrutura e teñen autonomía de acción. Un modelo que vén dando froitos continuos e importantes para ben da empresa común. E o último froito é esta campaña de captación que vai in crescendo e que acompañará durante 2017 a celebración do XL Aniversario da inauguración das primeiras salas do Museo en outubro de 1977".

O presidente do Padroado recoñeceu "a importancia que tivo o Concello de Santiago na creación do Museo do Pobo Galego e durante os case 40 anos da súa existencia" e quixo agradecer "a especial colaboración prestada na campaña que hoxe damos a coñecer". Así, o alcalde de Santiago asegurou que "o Concello, como patrón institucional do Museo, non se pode poñer de perfil ante iniciativas como esta" e amosou "toda a nosa colaboración".

Teño un museo é o resultado do traballo en equipo dunhas serie de persoas socias: Ana Estévez Lavandeira (técnica responsable do DEAC do Museo), que ideou a campaña; o fotógrafo Tino Viz, que desenvolveu a parte gráfica e a xornalista; e Arancha Estévez, que escribiu os textos. A maiores, o alcalde quixo agradecer "aos representantes dos e das socias que apoiaron a idea e colaboraron no traballo e tamén ás persoas que prestaron a súa imaxe para a campaña". Os textos e as 16 imaxes que os acompañan poden verse no enderezo electrónico da campaña (tenhounmuseo-museodopobo.tumblr.com) e nunha serie do mupis ao longo de toda a cidade.

Para a campaña prestaron a súa imaxe Antía Cal, Fran P. Lorenzo, Iain Colqunhoum, Trinidad Abelleira, a familia Vázquez, Joaquín Jueguen, Eduardo Navarro, Herminia Pernas, Hugo Sanjiao, Anxo e Manuel Fernández Moscoso, Víctor Dios, Otilia Pérez, Delfín Paz, Xosé Turnes, Concha Losada e Navia.

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2017-01-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (accesibilidad.gif) La Comisión de Ordenación Territorial del Parlamento aprobó una proposición no de Ley del PSdeG para urgir a la Xunta a aprobar, antes de julio de 2018, el Reglamento de desarrollo de la Ley de Accesibilidad y el código técnico de accesibilidad. El PSdeG dice que el retraso en el desarrollo de la norma provoca inseguridad jurídica
Foto de la tercera plana (cidade_da_cultura_iluminada.jpg) El conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presidió la primera reunión de trabajo para la planificación de la acción cultural de la comunidad para los próximos cuatro años. Esta reunión -en la que participaron representantes de los campos musical, del libro, de las artes plásticas, del audiovisual y de la gestión cultural- se enmarca dentro de los múltiples encuentros de ámbito territorial y sectorial previstos.

Notas

O programa Ponnos verde! levarase a cabo todos os sábados entre o 2 de decembro e o 24 de marzo, con parada nas vacacións de Nadal. Trátase dunha iniciativa da Fundación Cidade da Cultura, co apoio da Fundación USC Deportiva e o patrocinio de Viaqua para implicar á poboación na conservación ambiental.
O Palacio de Santa Bárbara convértese ata o 26 de novembro no epicentro do sector artesanal galego, cunha selección de pezas de máis de 50 profesionais. Expóñense os complementos de moda e bixutería elaborados no marco do proxecto Enredadas, galardoado na última edición dos Premios Nacionais de Artesanía.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania