D3Mobile converte a USC na primeira universidade en difundir o labor dos investigadores en 3D
A inscrición na quinta edición deste campionato cientÃfico, dirixido a estudantes de entre 12 e 18 anos, permanece aberta ata o 14 de marzo de 2017. O 3DMobile é un certame de modelado 3D de precisión con teléfono móbil ou tablet que organiza o grupo USCAN3D da USC e que abriu recentemente a súa quinta edición.
O campionato cientÃfico escolar D3Mobile Metrology World League 2017 converte a USC na primeira universidade que aposta polo modelado 3D como vÃa para difundir e dar a coñecer o labor cientÃfico que desenvolven os seus grupos de investigación. O 3DMobile é un certame de modelado 3D de precisión con teléfono móbil ou tablet que organiza o grupo USCAN3D da USC e que abriu recentemente a súa quinta edición.
Concibida como unha experiencia educativa en liña que persigue a estimulación das competencias STEAM (Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñarÃa, Arte e Matemáticas) entre o alumnado de 12 a 18 anos, a aposta do D3Mobile pola difusión do I+D+i da USC tradúcese na convocatoria de 2017 na creación dun galardón para a difusión de resultados de investigación dun cientÃfico, centro ou equipo de investigación da USC, asà como na implantación dun premio semellante orientado á divulgación da ciencia no contexto español.
O director do D3Mobile, o profesor do Departamento de EnxeñarÃa Agroforestal na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, Juan Ortiz Sanz, sinalou que estes galardóns a prol do traballo de I+D+i que desenvolven as universidades favorecen a transferencia de coñecemento de xeito colaborativo entre a universidade compostelá e os estudantes e docentes que participan neste campionato internacional, a través da realización dun modelo 3D representativo do seu labor cientÃfico.
As persoas interesadas en participar na quinta edición de D3Mobile, un certame que conta co aval da Unesco e co apoio, entre outros, do campión mundial de Moto GP Marc Márquez, poden formalizar a súa inscrición de balde ata o 14 de marzo de 2017 na web deste campionato, onde tamén poderán atopar cumprida información sobre os requirimentos establecidos, prazos e galardóns establecidos para os distintos equipos gañadores.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2017-01-04
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.