Dous nenos de nove anos e un de cinco, autores das cartas de Nadal máis imaxinativas
O Correo do Nadal recolleu durante as pasadas semanas centos e centos de cartas escritas polos nenos e nenas de Santiago, dirixidas aos personaxes máxicos que cada ano lles traen os agasallos destas festas. Cumprindo o encargo que recibiran, os nenos e nenas foron escritores imaxinativos e tamén ilustradores creativos.
Amosaron nos seus textos cales eran os regalos que agardan pero, tamén, contáronnos como era o Nadal cando os seus avós e avoas tiñan a súa idade. Foron moitos e moitas os que escribiron ao Apalpador, máis aÃnda aos Reis Magos e mesmo algún ao Pai Natal. E nas cartas que o Correo do Nadal tramitou ao seu destino destacou especialmente a proposta que recibiran de amar a lingua galega como se ama as árbores, que son únicas e irrepetibles.
Despois de lelas coidadosamente, os emisarios do mundo da Maxia, transmitÃronlle ao Concello o resultado da escolla das tres cartas que recibirán directamente dos Reis Magos un regalo especial o dÃa da cabalgata, para que continúen cultivando o galego tanto como o fixeron ata agora.
Nicolás Castro MartÃnez, o autor máis pequeno dos tres, con 5 anos, cóntanos como a súa avoa Gloria vivÃa o Nadal en Ourense: o seu avó levábaa a ver Beléns e os Reis Magos deixábanlle bonecas.
Lucas MartÃn Loureiro, con 9 anos, conta na súa carta o ben que o pasou o dÃa anterior cando foi coa súa avoa LÃa a buscar brión ao monte para facer a herba do Belén. Ela faloulle de como Ãa cantar polas portas dos veciños panxoliñas nestas datas cando era pequena e tamén nos dá un exemplo de panxoliña galega: "Vide ver o neno..."
Damián López Teo, de 9 anos, saúda os Magos do Nadal ofrecéndolles unha fermosa panxoliña inventada por el mesmo. Cóntanos como cando a súa avoa era cativa facÃa turrón e doces na casa, vivÃa o Nadal en familia e montaba o nacemento e tamén comÃan ameixas e polo da casa. Para finalizar quererÃa que os Magos lle deixasen un libro de grande éxito nos pedimentos deste ano: Cinco horas con Mauro.
Os Magos tamén transmitiron a súa sorpresa e alegrÃa por unha enorme e estupenda carta colectiva que recibiron da aula de 4 anos do CEIP Quiroga Palacios. Nela, vese como os pequenos e pequenas elaboraron as súas postais, que tamén nos achegan, a carón dos seus maiores que os acompañaron o dÃa 16 de decembro na súa propia aula. Os Magos, interesados por este traballo colectivo aula-familia-Concello, en canto volvan das súas viaxes repartindo agasallos, parece ser que un emisario que vai achegar a Conxo para lles levar un galano.
O resto das máis de 1.000 cartas recibidas serán tamén contestadas persoalmente polos Magos do Nadal e os seus colaboradores. Nas próximas semanas irán chegando ás casas os sobres coa resposta para todos aqueles que puxeron o seu enderezo. Nelas irá outro anaquiño de ilusión para lembrar que debemos seguir cultivando o noso mellor agasallo: a lingua.
Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2017-01-04
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.