Notas de prensa

As tres redes de espectáculos da Agadic ofreceron 897 funcións escénicas e concertos durante todo o ano 2016

Un total de 83 espazos acolleron a programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, a Rede Galega de Música ao Vivo e a Rede Galega de Salas, cun incremento de actividade próximo ao 10 por cento respecto ao ano anterior. A nova carteleira semestral destes tres circuítos arranca o día 12 de xaneiro de 2017, según confirma Agadic.

As tres redes de distribución de espectáculos escénicos e musicais da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) pecharon 2016 cun balance de 897 funcións e concertos programados nos seus 83 espazos asociados. Esta cifra de actuacións supón un incremento próximo ao 10 por cento respecto á actividade rexistrada o ano anterior, durante o que a Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), a Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) e a Rede Galega de Salas (RGS) acolleron 819 representacións.

Este aumento ascende ao 14,26 por cento no caso da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que o ano pasado despregou unha carteleira de 545 actuacións en 39 concellos das catro provincias. Teatro, música, danza, maxia e novo circo tiveron cabida nesta programación, na que participaron 159 compañías e grupos musicais, galegos na súa meirande parte.

Investimento anual de 1,42 millóns de euros

A RGTA, que conmemorou en 2016 o vixésimo aniversario da súa posta en marcha, ten como obxectivo prioritario servir de canle estable para o encontro entre o público e a nova produción galega. A súa oferta anual estivo cofinanciada entre a Consellería de Cultura e Educación, a través da Agadic, e as entidades xestoras dos 44 espazos asociados, cun investimento final de 1.423.169 euros.

Pola súa banda, a Rede Galega de Música ao Vivo cumpriu oito anos de actividade ininterrompida na procura dunha maior estabilidade na distribución de música en directo en locais de aforo reducido de toda Galicia. Promovido en colaboración coa Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo Clubtura, este circuíto ofreceu en 2016 un total de 233 actuacións en 34 salas de 23 localidades. Neste caso, a Axencia Galega das Industrias Culturais asumiu o 85% do total de 108.742 euros que se destinaron a esta última programación anual, protagonizada por 76 formacións.

En canto á Rede Galega de Salas, os seus cinco espazos acolleron unha carteleira de 119 funcións desenvolvidas por 40 compañías, entre as que destacaron cuantitativamente as propostas específicas para o público infantil e familiar. O orzamento reservado a este circuíto, financiado integramente pola Agadic, foi de 60.000 euros.

A nova programación semestral destes tres circuítos, que será presentada proximamente, arrancará o vindeiro 12 de xaneiro e poderá ser consultada a través das seccións de axenda do web de Cultura da Xunta de Galicia (www.cultura.gal) e da Agadic (www.agadic.gal/Axenda).

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-01-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (trabajadores_almacen.jpg) Las exportaciones de Galicia al exterior crecieron un 10,5% entre enero y mayo con respecto al mismo periodo del año anterior, según los datos publicados por el Ministerio de Economía, Industria y Competitividad. La Xunta indica que los cinco primeros de 2017 son los de mayores ventas al exterior de la comunidad de todo el registro histórico, y destaca el sector de la industria conservera.
Foto de la tercera plana (mestre_mateo_expo_xelmirez.jpg) El Pazo de Xelmírez de la Catedral de Santiago de Compostela alberga una exposición centrada en la obra del Mestre Mateo que reúne piezas que formaban parte del Pórtico de la Gloria original: "esculturas con mayúsculas" de "uno de los principales artistas de la Edad Media", según los organizadores que destacan que algunas de ellas fueron recuperadas durante las obras de restauración del monumento.

Notas

Os Fogos do Apóstolo percorren as tradicións desta celebración, dende as festas do Cendal coas que se lle rendía homenaxe ao Apóstolo ata finais do século XVII para "basearse na historia da cidade e das súas festas". Farase un percorrido pola historia da arte, para coñecer como foi representado Santiago co paso dos séculos e tanto en Europa como en Asia ou América do Sur.
O conselleiro de Cultura e Educación visita a editorial Galaxia e, xunto co responsable de empresa, Francisco Castro, coincidiron na necesidade de continuar estreitando os lazos de colaboración entre todos os axentes implicados no impulso do sector do libro e da lectura. Na visita tamén repasaron a historia da editorial e a súa adaptación ao actual esceario dixital.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania