Notas de prensa

O Salón Teatro acolle o ciclo infantil de Nadal con Pérez & Fernández

Victoria Pérez e Manu Fernández interpretan este espectáculo que adapta a novela de Érica Esmorís. O Centro Dramático Galego pecha a carteleira do seu escenario para 2016 co programa "Gran teatro para os máis pequenos", que terá continuidade en xaneiro con Elefante Elegante e un taller sobre construción de monicreques para nenos e nenas.

O dúo Pérez & Fernández representa o xoves 29 e o venres 30 de decembro no Salón Teatro de Santiago ‘O poder de Amabel’, un espectáculo especialmente dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos, co que o escenario do Centro Dramático Galego (CDG) despedirá 2017 continuando co seu ciclo de Nadal ‘Gran teatro para os máis pequenos’.

As dúas funcións, que terán lugar ás 19.00 h, compleméntanse cun taller sobre construción de monicreques impartido por Elea López, para o que se ofrecen 30 prazas cada día, adxudicadas por orde de reserva no teléfono 881 867 229. O acceso aos talleres está incluído no bono especial de Nadal, que abrangue tamén catro entradas para calquera dos espectáculos do ciclo por un prezo total de 24 euros. Ademais, existe a posibilidade de adquirir tres localidades para un mesmo espectáculo por 18 euros, así como billetes individuais a 8 euros. Fóra dos bonos, a tarifa dos obradoiros é de 5 euros. A venda anticipada está dispoñible na web entradas.abanca.com.

Actores e títeres ‘amigurumis’

Xosé Leis e Victoria Pérez dirixen ‘O poder de Amabel’, montaxe baseada na novela infantil de Érica Esmorís, e que interpretan sobre as táboas a propia Victoria Pérez xunto con Manu Fernández. Trátase dunha peza que combina interpretación actoral e monicreques ‘amigurumis’, unha tendencia xaponesa que consiste en tecer bonecos mediante a técnica de ‘crochet’ ou gancho.

Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha intelixencia abraiante e incluso a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa actividade extraordinaria. Para descubrila, embarcarase co seu amigo Braulio en aventuras moi peculiares. Amabel e Braulio, dous amigos que non se ven dende a escola, reencóntranse anos máis tarde en Tokio. Alí recordarán un especial outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos, eses aos que debemos voltar para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia.

‘Gran teatro para os máis pequenos’ comezou a pasada semana con Berrobambán e a súa obra ‘Xurdefet’; e continuará os vindeiros 7 de xaneiro (ás 19.00 h) e 8 (ás 18.00 h) coa compañía Elefante Elegante e a súa última produción, ‘A danza da choiva’, unha proposta que de teatro xestual, danza e manipulación de obxectos. O taller que acompañará cada pase deste espectáculo estará centrado no son do teatro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-12-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES