Presentada a tradución ao galego da obra de Dolores Redondo, Premio Planeta 2016
O conselleiro de Cultura e Educación, Román RodrÃguez, destacou a vinculación da autora con Galicia, tanto polas súas orixes, como pola trama da novela, ambientada na Ribeira Sacra. A novela de Dolores Redondo reflicte a esencia da Ribeira Sacra, un espazo no que se sintetizan natureza, paisaxe, arte e traballo na terra.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román RodrÃguez, participou na presentación da tradución ao galego de 'Todo isto che darei', coa que Dolores Redondo gañou o Premio Planeta 2016. Ao acto, que contou coa presenza da propia autora, tamén asistiron o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado; o alcalde de Monforte, José Tomé; o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, entre outros.
'Todo isto che darei' é unha novela negra que ten unha dobre vinculación con Galicia, tal como explicou o conselleiro Román RodrÃguez. Dunha banda polas orixes da propia autora (con antepasados paternos en Pontevedra e coa súa avoa materna en Corme), e pola propia trama, ambientada na Ribeira Sacra. O conselleiro salientou precisamente a importancia que ten a elección do espazo dunha novela na promoción turÃstica e cultural e na dinamización económica dunha zona concreta. Neste senso destacou que a novela de Dolores Redondo reflicte a esencia da Ribeira Sacra, un espazo no que se sintetizan natureza, paisaxe, arte e traballo na terra; e sobre o que a ConsellerÃa está a traballar para a súa declaración como Ben de Interese Cultural.
Tras agradecer a Dolores Redondo esta obra, Román RodrÃguez lembrou que é o cuarto Premio Planeta –un dos máis prestixioso do panorama nacional– vinculado con Galicia, e que previamente recibiron Fernando Bermúdez de Castro, Torrente Ballester e Camilo José Cela.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-12-27
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.