Notas de prensa

O foro Ourensemakerslab2016 trata o uso das novas tecnoloxías aplicadas á vida diaria

Baixo a premisa de se as novas tecnoloxías supoñen unha ameaza ou unha oportunidade, o centro de coñecemento de La Molinera acolle este sábado a xornada Ourensemakerslab2016, un foro aberto para público de todas as idades cun denominador común: a curiosidade polo emprego das novas tecnoloxías.

O programa permite achegarse á robótica educativa e coñecer a súa necesidade e razón de ser, aprender que é a economía colaborativa (o crowfunding), aprender como manexar os Open Data para que toda a información estea dispoñible de forma libre, desvelar os misterios dos Drones e fedellar, de primeira man, coas impresoras 3D, e completarase con seis relatorios doutros tantos expertos nos diferentes temas da xornada. A entrada é libre e de balde, pero para asistir aos obradoiros e conferencias é preciso apuntarse a través da web do evento: www.ourensemakerslab.com.

A oferta formativa da xornada completarase con máis de 30 expositores con Impresoras 3D, Robots, tecnoloxía aplicada a profesións tradicionais coma o téxtil, exhibicións a cargo do Club Aeromodelismo Ourensano e de membros do Escolab Maker Space de Celanova, momentos inspiradores, ou a presenza de novos valores da ciencia co gañador de Galiciencia 2016, entre outros. Porén, Ourensemakerslab2016 tamén será un evento solidario que recadará un quilo de alimentos para colaborar coa “operación kilo” de Amencer a cambio dun obsequio fabricado en la Molinera.

Concello de Ourense, 2016-12-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES