Notas de prensa

O CDG e a Asociación Dramaturga abordan a situación da escrita teatral galega nas xornadas Dramaturxente 2016

O encontro reúne a máis de trinta relatores do 8 ao 10 de decembro no Salón Teatro de Santiago para debater aspectos como a edición, a crítica, o texto fronte a ‘performance’, o teatro infantil, o papel da muller e as novas tendencias. A matrícula é gratuíta e o prazo de inscrición mantense aberto ata o día 6 de decembro.

As Xornadas sobre Dramaturxia Galega Dramaturxente reúnen do 8 ao 10 de decembro no Salón Teatro de Santiago destacados profesionais dos distintos ámbitos implicados na escrita teatral e a creación escénica. O Centro Dramático Galego (CDG) e a nova Asociación Galega de Dramaturxia DramaturGA organizan este encontro co obxectivo de analizar desde un punto de vista integrador a situación do sector en Galicia, ao tempo que se busca darlle unha maior visibilidade social.

Así o explicou Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), durante a presentación destas xornadas na sede do CDG, onde compartiu mesa con Fefa Noia, directora do Centro Dramático Galego, e os representantes de DramaturGA Clara Gayo e Zé Paredes.

Máis de trinta relatores entre dramaturgos, creadores, estudosos, críticos e editores intervirán nas diferentes mesas de debate arredor das que se desenvolverá este evento, de matrícula gratuíta. O prazo de inscrición para profesionais e estudantes permanecerá aberto ata o 6 de decembro a través do formulario que se pode descargar no web www.centrodramatico.gal. O público xeral terá acceso libre ata completar a capacidade da sala.

Traballo conxunto

O responsable da Agadic enmarcou a organización de Dramaturxente na liña de traballo emprendida pola compañía pública baixo a dirección de Fefa Noia, quen definiu o traballo conxunto cos dramaturgos e dramaturgas como un dos eixos básicos da nova etapa do Centro Dramático Galego. Ademais, a súa chegada ao CDG coincidiu temporalmente coa posta en marcha este ano da nova asociación DramaturGA, que reúne autores e autoras dedicados especificamente á escrita teatral co obxectivo de visibilizar a súa actividade diante da sociedade e do propio sector das artes escénicas.

Así mesmo e a través da propia Axencia Galega das Industrias Culturais, a Consellería de Cultura e Educación vén apoiando este colectivo a través de iniciativas como a convocatoria dos premios Ãlvaro Cunqueiro para textos teatrais, Manuel María de literatura dramática infantil e Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidades adultos e infantil) que, na súa última edición, acaban de obter Manuel Lourenzo, Carlos Labraña, Roi Vidal Ponte e Inacio Vilariño, respectivamente.

NotaEn palabras de Jacobo Sutil, estes catro nomes son claros exemplos do que é a escrita teatral galega hoxe en día. “Constitúen a expresión dunha diversidade de xeracións, de temas e de estilos presentes nun rico panorama creativo que cómpre poñer en valor e difundir de xeito urxente”, asegurou, ao tempo que constatou a elevada produtividade neste eido, xa que a Agadic recibiu máis de 70 obras orixinais e inéditas na última convocatoria dos seus galardóns.
Programa

O dramaturgo e director de escena Manuel Lourenzo, gañador do XIII Ãlvaro Cunqueiro, será precisamente o encargado do relatorio inaugural das xornadas Dramaturxente, que terá lugar na tarde do xoves 8 cunha conferencia na que abordará a evolución histórica da dramaturxia galega, coas súas eivas e as súas conquistas.

Xa na xornada do venres, o programa articularase ao redor de tres mesas de debate baixo os títulos ‘Editar teatro, por e para que’ (con Afonso Becerra de Becerreá, Juan Luis Blanco Valdés, Manuel Bragado, Paco Macías, Afonso Ribas e Manuel Vieites), ‘Dramaturxia e crítica literaria’ (Zé Paredes, Camilo Franco, Inma López Silva, Roi Vidal e Manuel Xestoso) e ‘Texto/Performance: Dramaturxias escritas/non escritas’ (Julio Fernández, Afonso Becerra de Becerreá, Cristina Domínguez, Cándido Pazó, Marta Pazos e Ana Vallés).

O sábado terán lugar outras tres mesas –‘Teatro para nenas e nenos’ (Fran Godón, Paula Carballeira, Rosalía Fernández Rial, Carlos Labraña e Inacio Vilariño), ‘Mulleres na dramaturxia’ (Clara Gayo, María Armesto, Marta Pérez, Mª Xosé Queizán e Vanesa Sotelo) e ‘Urdimes máis alá do drama’ (Antón Lopo, Antón Coucheiro, Javier Martín, AveLina Pérez, Xesús Ron e Carlos Santiago)–, que lles darán paso á sesión de conclusións das xornadas e ao encontro final dos asistentes.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-11-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES