Notas de prensa

Enxálzase o valor cultural, relixioso, social e turístico do XLV Belén de Begonte

Luis Angel de las Heras, bispo de Mondoñedo, será este ano o pregoeiro, o sábado 3 de decembro, desta Festa de Interese Turístico figura xa entre as citas imprescindibles cada Nadal para moitas familias e visitantes, constituíndo, en consecuencia, “unha fonte de riqueza económica para o municipio” e referente de valores culturais, relixiosos e sociais, según o delegado da Xunta.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, enxalzou o papel do belén de Begonte como referente na suma de “valores culturais, relixiosos e sociais, que fan del un foco de atracción turística de gran relevancia para o municipio”.

“Esta iniciativa”, explicou Balseiro durante a presentación da XLV edición do nacemento, “converte a este belén no máis famoso da nosa provincia, que cada ano é visitado por milleiros de persoas”.

O belén de Begonte conta co recoñecemento de Festa de Interese Turístico de Galicia desde hai dous anos e figura xa entre as citas imprescindibles cada Nadal para moitas familias e visitantes, constituíndo, en consecuencia, “unha fonte de riqueza económica para o municipio”, segundo indicou o delegado.

O pregoeiro deste ano será Luis Angel de las Heras, o novo bispo de Mondoñedo. Dende o sábado, 3 de decembro, o centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, abrirá as súas portas para mostrar ao público as pezas e o movemento dun dos nacementos electrónicos máis recoñecidos de Galicia.

NotaAo redor deste evento cultural, medraron tamén outras iniciativas como son os certames de xornalismo, poesía, pintura e debuxo infantil, que xuntan a creadores procedentes de todos os puntos da xeografía galega.
Na presentación do belén participaron tamén Luis Luaña, tenente alcalde de Begonte; Pilar Gómez, viúva do creador; e Xesús Domínguez e Xulio Xiz, presidente e vicepresidente do centro cultural José Domínguez Guizán.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-11-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES