Notas de prensa

Destácase o talento dos gañadores do Premio Emprende Gaiás-Sixo Seco

‘I’m a local’, unha aplicación móbil para dar a coñecer a pequenos produtores, e ‘Cake artist’, que combina repostería e impresión 3D, gañadores desta edición. O conselleiro de Cultura e Educación en funcións celebra que as novas xeracións de emprendedores sigan atopando inspiración na figura de Agustín Sixto Seco.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, destacou o “talento, esforzo e valentía” dos gañadores dos VI Premios Emprende Gaiás Sixto Seco, certame co que a Xunta, a través da Fundación Cidade da Cultura, favorece o emprendemento no eidos das industrias culturais en Galicia.

Nesta nova edición o gañador na categoría de ‘Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en Internet’foi ‘I’m a local’, un proxecto de Alexandra Touza e Sonia Márquez, que desenvolveron unha aplicación móbil que opera como escaparate para dar a coñecer a pequenos produtores. ‘Cake artist’ foi a proposta galardoada no apartado de ‘Deseño, creación artística e plástica’. Nela, Daniel Diéguez combina a tecnoloxía de impresión 3D co mundo da repostería.

Na entrega dos premios, celebrada na Cidade da Cultura, o conselleiro estivo acompañado por Carmen e Teresa, dúas das fillas de Agustín Sixto Seco, o insigne galeguista que dá nome aos galardóns. Román Rodríguez celebrou que as novas xeracións de emprendedores sigan atopando inspiración na biografía “dun intelectual inquedo e activo, que impulsou proxectos tan relevantes para a cultura galega como a editorial Galaxia, a Fundación Penzol, a Casa Museo Rosalía de Castro, a Fundación Otero Pedrayo ou o Museo do Pobo Galego”.

O conselleiro tivo palabras de agradecemento para ABANCA e Afundación, patrocinadoras dos premios, e que estiveron representadas no acto desta tarde na figura do director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA, Miguel Ãngel Escotet, e do director xerente de Afundación, Pedro Otero. Xunta a eles, o acto contou coa presenza de Guillermo Viña, xerente de Igape Nova, institución colaboradora desta iniciativa.

2.000 euros e incorporación ao CEM do Gaiás

Os proxectos gañadores recibiron un premio en metálico de 2.000 euros e incorporaranse de balde durante doce meses ao espazo de coworking do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, onde recibirán apoio a través de diferentes programas de titorización, formación e asesoramento.

Con esta nova edición, os Premios Gaiás Sixto Secto consolídanse como unha das liñas de programación da Cidade da Cultura destinadas a favorecer o emprendemento no eido das industrias culturais.

Neste senso, o empredemento figura, xunto coa tecnoloxía e a cultura, como un dos tres eidos nos que opera o Gaiás, cun Centro de Emprendemento no que actualmente 250 persoas están impulsando proxectos innovadores. Este centro ofrece un espazo de coworking e un viveiro de empresas, ademais dunha área tecnolóxica na que compañías punteiras, como Telefónica, HP ou Vodafone, en colaboración coa AMTEGA, están desenvolvendo proxectos de apoio a start-up galegas.

Máis aló dos recursos dirixidos aos emprendedores con sede na Cidade da Cultura, o Gaiás desenvolve unha programación que ten por obxecto estimular o talento e crear cultura emprendedora en Galicia, con eventos como as charlas TEDxGaliciaou o Spin, o maior evento de emprendemento universitario de América Latina, que este año congregou na Cidade da Cultura a 3.500 persoas procedentes dun cento de universidades de España, Portugal e América Latina.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-10-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES