Preséntase TokApp, un servizo de mensaxerÃa entre escolas infantÃs e familias
Esta ferramenta conta cunha aplicación web, dende a que o centro envÃa as mensaxes, e cunha aplicación móbil para smartphones na que as familias poderán recibir esas comunicacións. Integrarase en todas as escolas infantÃs do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e da Axencia Galega de Servizos.
O conselleiro de PolÃtica Social en funcións, José Manuel Rey Varela, presentou na escola infantil de Ames-Bertamiráns a aplicación TokApp, un sistema de mensaxerÃa que permitirá aos centros comunicarse de xeito máis doado e rápido coas familias dos nenos e nenas que acoden ás escolas infantÃs da rede Galiña Azul, nas que se inscriben as escolas infantÃs dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e aquelas dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais. AlÃ, a empresa creadora da aplicación, TokApp School, realizou unha demostración técnica do funcionamento da mesma.
Esta innovación consta de dúas partes diferenciadas: a aplicación web, dende a que os profesores/as e o persoal do centro crean e envÃan as mensaxes; e a aplicación móbil, de descarga gratuÃta en smartphones e outros dispositivos electrónicos nas que as familias poderán recibir estas mensaxes.
O sistema presenta múltiples vantaxes entre as que destacan a atención personalizada , o aforro de tempo e a facilidade de uso da aplicación. Ademais, permite rexistrarse de balde, sen amosar o número de teléfono e as notificacións envÃanse a un ou varios destinatarios respectando sempre a privacidade dos datos persoais. TokApp tamén ofrece a opción de que a comunicación sexa bidireccional, de xeito que se o centro ou os profesores o requiren, os pais e nais poderán contestar á mensaxe enviada por parte do persoal do centro ao que asisten os seus fillos.
Para o seu correcto e eficiente funcionamento, a empresa propietaria da aplicación está a realizar cursos de formación a cada unha das direccións das escolas infantÃs. A dÃa de hoxe, 15 escolas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e 44 escolas da Axencia Galega de Servizos Sociais xa foron obxecto desta formación e en vindeiras datas a aplicación estará operativa en todas e cada unha das escolas infantÃs da ConsellerÃa de PolÃtica Social. Nun principio os administradores da aplicación serán ás direccións dos centros.
O conselleiro en funcións amosou a súa satisfacción pola posta en marcha desta aplicación, e destacou que “o avance das novas tecnoloxÃas nos últimos anos é unha evidencia á que non queremos dar as costas”. Por elo a ConsellerÃa de PolÃtica Social pón a disposición das escolas e das familias esta aplicación que “redundará no benestar e aforro de tempo dos pais e nais, pero sobre todo, no benestar e no coñecemento da evolución dos nenos e nenas nas escolas”, afirmou.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-10-25
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.