Notas de prensa

Empresas galegas do sector marítimo pesqueiro procuran novos mercados en Cabo Verde

A Feira Internacional Expomar 2016 ten lugar en Cabo Verde e empresas galegas participan cun stand de 36 metros cadrados de superficie, que alberga a 10 empresas e entidades, a maioría dedicadas ao subministro de instrumentos e de produtos electrónicos para barcos e ao mantemento e reparación de equipos en buques.

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, asistiu á inauguración da V edición da Feira Internacional das actividades económicas ligadas ao mar, Expomar 2016, que se celebra na illa caboverdiana de San Vicente entre o 20 e o 22 de outubro.

O director xeral estará presente nesta feira para apoiar ás empresas galegas que están no certame na procura de contactos comerciais con empresas deste país africano co obxectivo de afianzar as relacións pesqueiras e comerciais entre Galicia e Cabo Verde. Neste sentido, Juan Maneiro, intercambiará con empresas galegas e caboverdianas do mundo do mar impresións sobre as oportunidades de negocio e o desenvolvemento pesqueiro.

Ademais a Xunta tamén está presente nesta feira por cuarta vez cun stand de 36 metros cadrados de superficie, que alberga a 10 empresas e entidades, a maioría dedicadas ao subministro de instrumentos e de produtos electrónicos para barcos e ao mantemento e reparación de equipos en buques. Ademais, desa decena, unha dedícase a comercializar especies de peixe capturadas pola frota de palangre de superficie.

Un exemplo dos lazos pesqueiros e comerciais entre Galicia e Cabo Verde é o Entreposto de Frío de Mindelo, na illa caboverdiana de San Vicente, xestionado por unha sociedade composta por unha empresa galega e outra vasca. Esta infraestrutura de tratamento, conxelación e conservación de produtos da pesca entrou en funcionamento o ano pasado e serve como plataforma loxística estratéxica de distribución de produtos pesqueiros para todas as frotas que faenan no Océano Atlántico en xeral, e para a galega en particular, sobre todo para o sector do palangre de superficie, de grande importancia na zona, e para a frota atuneira.

Ademais cabe lembrar que a principios deste ano, nunha visita do Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a Cabo Verde a Xunta e o goberno caboverdiano asinaron un memorando de entendemento para establecer unha colaboración permanente en materias como a pesca. Este memorando ten entre os seus obxectivos a cooperación no ámbito da pesca fomentando o establecemento dunha colaboración para o uso das infraestruturas pesqueiras e portuarias, valorando a man de obra caboverdiana e incluíndo a posibilidade de educación e formación profesional na área. Ademais, continuarase apoiando o traballo de cooperación en materia pesqueira e acuícola que vén desenvolvendo a Fundación Galega Centro Tecnolóxico do Mar, Cetmar.

A feira Expomar reúne a axentes de diferentes actividades da economía do mar e está organizada polo Ministerio de Economía e Emprego de Cabo Verde. Conta con expositores nacionais e internacionais pertencentes a sectores como o transporte marítimo, pesca e transformación de peixe, promoción empresarial, xestión portuaria, servizos náuticos, seguros, ensino, servizos financeiros, equipamentos, alimentación, seguridade marítima, turismo de cruceiros, etc.

Ademais acolle conferencias internacionais, seminarios e obradoiros e tamén promove encontros de negocio entre empresas nacionais e estranxeiras, centros de I+D e representantes de países europeos. Ademais integra un espazo de mostra de produtos, servizos e tecnoloxías da área do mar. O ano pasado contou con 80 expositores e 3.500 visitantes. Esta feira enmárcase na celebración da Semana do Mar, que se desenvolve en Cabo Verde entre o 17 e o 22 de outubro e inclúe actividades e conferencias relacionadas con este sector.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-10-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (bosque-03.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello deu o visto e prace ao Plan de prevención de incendios forestais que estará en vigor ata marzo do 2025 e 'que estará dotado de 41 millóns de euros, un 6% máis que o anterior'. Entre outros fitos, este plan 'prevé actuar en máis de 60.000 hectáreas e case 5.000 puntos de auga'. Entre as principais novidades está o obxectivo da Xunta de avanzar na prevención dos lumes mediante o uso da gandaría en extensivo.
Foto de la tercera plana (salto-cuantico.jpg) O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) colaboran ao longo deste ano 2024 nun programa de actividades para dar visibilidade ao vínculo entre a arte e a ciencia. O obxectivo é descubrir relacións que non sempre son evidentes pero que historicamente determinaron cambios nas metodoloxías de traballo de ambas as disciplinas, favoreceron a implementación de novas ferramentas e contribuíron a modificar as perspectivas. Neste contexto, e co gallo do Día Mundial da Cuántica, este domingo preséntase no centro museístico compostelán a peza Salto cuántico, encargada polo CESGA, entre outras actividades.

Notas

Un mes de teatro universitario con representacións chegadas desde Galicia, León e Colombia. Así será a XXVI Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu 2024, un evento cultural co que a Universidade convida á cidadanía a achegarse ao campus e gozar do teatro universitario máis actual, tanto do que sae das aulas galegas como daquel que se forxa máis aló da nosas fronteiras.
A Cátedra do Camiño e das Peregrinacións da USC, que xurdiu da colaboración da USC con Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, acaba de estrear a Base de Datos de Peregrinos a Compostela (Badapeco), unha ferramenta dixital de consulta e traballo en liña que permitirá poñer en contacto a persoal investigador, docentes, universidades e centros de investigación interesados en estudar e achegar novos datos sobre peregrinas e peregrinos a Santiago de calquera época a partir de fontes bibliográficas e documentais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES