Notas de prensa

En Marea priorizará no Parlamento galego a loita contra a pobreza e a corrupción

Entre as primeiras iniciativas de En Marea no Parlamento de Galicia destacan a petición dunha Renda Básica para a Cidadanía, unha Lei de Comarcalización, a defensa dos traballadores de Extel e do Banco Pastor-Popular e a comisión de investigación de Angrois.

Os deputados e deputadas de En Marea da X Lexislatura acudiron ao Rexistro do Parlamento Galego para entregar as credenciais e recoller as actas de parlamentarios.

Trala presentación das credenciais, o portavoz de En Marea espuxo cales van ser as liñas prioritarias do grupo parlamentario durante os primeiros meses. “Estarán encamiñadas a buscar o crecemento económico vinculado ó benestar social, á loita contra a probreza e a exclusión social e en terceiro lugar a loita contra a corrupción”, sinalou Luís Villares.

Estes eixos de actuación canalizaranse a través das primeiras iniciativas. Entre elas destaca a esixencia dun Plan integral de loita contra a pobreza que poña fin aos desafiuzamentos, que acabe coas causas máis graves de exclusión social (600 mil persoas viven hoxe en risco de exclusión social en Galicia e 30 mil en risco de exclusión material severa) e que poña fin á pobreza enerxética. “Non permitiremos que nos fogares galegos, coa chegada do invernos, se corte a electricidade a unha soa familia”, lembrou o portavoz do grupo parlamentario. En Marea tamén reclamará unha Renda Básica de Cidadanía. “Cómpre incluír novos factores para o RISGA para que sexan realmente rendas de integración social completa”, incidiu Villares.



Como terceira iniciativa destacada estará o plantexamento dunha Lei de Comarcalización “para asegurar que todo o mundo con independencia do lugar no que viva vai ter acceso a todos os servizos esenciais de carácter básico” e que inclúa a posta en marcha dunha lei para a área metropolitana da Coruña, para todos os servizos de carácter supramunicipal nesta área.

En materia de transparencia En Marea reclamará no Parlamento Galego unha comisión de investigación de Angrois. O grupo parlamentario tamén trasladará ao Parlamento Galego todos os conflitos laborais que están neste momento de actualidade. “A defensa dos postos de traballo neste país será unha constante que traeremos ao Parlamento dende o primeiro momento”, declarou o portavoz de En Marea.

A vindeira cita que teñen os deputados na Cámara Galega será o venres, 21 de outubro, data na que se constituirá oficialmente o novo Parlamento Galego da X Lexislatura.

Gabinete de Comunicación de En Marea, 2016-10-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES