O legado de Isla Couto chega á capital de Galicia cunha exposición
A facultade de Filosofía da USC acolle ata o 21 de outubro a mostra "Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia", que pon en valor a traxectoria do académico, profesor e economista. Membro da Real Academia Galega, avogado, ensaísta e catedrático de universidade, foi un dos persoeiros fundamentais no galeguismo político, cultural e económico do século XX.
A exposición 'Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia' chega a Santiago de Compostela para difundir e poñer en valor a traxectoria dun "home que se comprometeu firmemente co proxecto común de construír Galicia e que integrou esa vontade na súa maneira de vivir". Así o asegurou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante a apertura da mostra, á que tamén asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e que tivo lugar na sede da facultade de Filosofía da USC, onde se pode visitar ata o 21 de outubro.
Os fitos que inzan a vida de Isla Couto aos que hoxe podemos aproximarnos nesta mostra anímannos a reflexionar neste legado, dixo Anxo Lorenzo, que tamén tivo palabras de recoñecemento para todo o galeguismo dos tempos difíciles pola súa "constancia e a teima no seu traballo en prol da cultura e da sociedade galega".
Isla Couto
Membro da Real Academia Galega, avogado, ensaísta e catedrático de universidade, Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1915 Vigo, 25 de abril de 2012) foi un dos persoeiros fundamentais no galeguismo político, cultural e económico do século XX. Fundador da Federación de Mocedades Galeguistas, liderou, xunto con Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego, en 1950, a creación da Editorial Galaxia. Tamén promoveu a editora SEPT e dirixiu a Revista de Economía de Galicia e a Revista Galega de Estudos Agrarios. Polo seu labor recibiu distinguidos recoñecementos, como a Medalla Castelao (1987), o Premio Trasalba (1992) e a insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela (2001).
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-09-23
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.