Notas de prensa

Francisco Pazos Martínez gaña o III Certame de Escultura Francisco Asorey

A peza "Menhir con buxardos" do artista de Meaño foi galardoada co primeiro premio entre as 63 obras presentadas este ano, un 50% máis que en 2015. O xurado do certame organizado pola Asociación Cultural Francisco Asorey concedeulles senllos accésits a Rodrigo Domínguez e a Augusto Fernández Arana.

O artista Francisco Pazos Martínez (Meaño, 1961) fíxose co primeiro premio do III Certame de Escultura Francisco Asorey pola súa obra ‘Menhir con buxardos’. O nome do gañador deuse a coñecer esta tarde no pazo cambadés de Torrado coincidindo coa inauguración da exposición na que se exhiben as 16 obras finalistas do concurso, organizado pola Asociación Cultural Francisco Asorey co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O gañador recibiu as felicitacións do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, en nome do Goberno galego, quen salientou como un motivo de satisfacción para as artes plásticas en Galicia a consolidación deste Certame de Escultura Francisco Asorey, que na súa terceira edición incrementou máis dun cincuenta por cento o número de obras participantes respecto do pasado ano”. Nese sentido, Anxo Lorenzo referiuse ás máis de 60 obras presentadas na edición de 2016 –por artistas galegos, do resto do Estado e internacionais– como “un reflexo da repercusión e mais do importante papel que vén desenvolvendo este premio, así como do destacado lugar que xa ocupa, por méritos propios, no panorama artístico”.

O secretario xeral tamén tivo palabras de recoñecemento para os artistas finalistas, “cuxa obra podemos contemplar hoxe nesta exposición que abre a súas portas en Cambados, terra natal do insigne escultor que lle dá nome ao certame e terra de orixe tamén doutras figuras de referencia da arte actual galega como o de Manolo Paz”.

Accésits para Augusto F. Arana e Rodrigo Domínguez

Xunto co primeiro premio, dotado con 5.000 euros, o xurado do certame –integrado pola presidenta da Asociación Cultural Asorey, María del Carmen Asorey; por Manuel Paz, por Carlos Valle e por Manuel Mosquera Cobián, actuación como secretario Vicente Pérez Otero– concedeulles cadanseu accésit a Augusto Fernández Arana (Cádiz, 1969) e mais Rodrigo Domínguez (O Barco de Valdeorras, 1989) polos traballos ‘A tía pequena’ e ‘Baco I’, respectivamente, que recibiron 1.000 euros cada un.

Co seu apoio ao premio, a Consellería de Cultura, Educación e O.U. promove a continuidade deste certame escultórico, creado en 2014, para favorecer a creación artística e recordar a figura do escultor Francisco Asorey.

No acto tamén interviñeron a presidenta da asociación promotora do certame, María del Carmen Asorey; xunto co deputado provincial de Cultura e Normalización Lingüística Xosé Leal Fariña, e mais o concelleiro delegado de Cultura do Concello de Cambados, Víctor Manuel Caamaño, en representación das restantes institucións implicadas nesta iniciativa.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-07-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES