Notas de prensa

A Cidade da Cultura programa cine ao aire libre e música para o último Atardecer no Gaiás de xullo

A praza central acolle o concerto da banda galega Os Amigos dos Músicos e o sábado 30 de xullo é a quenda do pop luminoso de La familia del árbol. Inclúe o venres 29 de xullo a segunda sesión de cine ao aire libre coa película de Alan Parker The Commitments, precedida por unha sesión DJ a cargo de Pablo Electrocute.

A última semana de xullo de ‘Atardecer no Gaiás’ combina música e cine ao aire libre na praza central da Cidade da Cultura. O ecuador do ciclo arrancará este xoves, cando a banda galega ‘Os amigos dos músicos’ lle poñan banda sonora ao solpor. Tan aliens como gaiteiros de ‘Nashville’, ‘Os Amigos dos Músicos ‘cantan o que se lles poña por diante: cantigas de amigo, alalás de Xurxo Souto ou poemas de Carvalho Calero, todo mesturado con algo de electricidade e un pouquiño de tradición, nuns directos inesquecibles e nunca semellantes.

Tras encher de música a praza central, o venres 29 de xullo terá lugar a segunda das proxeccións de cine ao aire libre. Nesta ocasión será o filme ‘The Commitments’, dirixida por Alan Parker e baseada na novela homónima de Roddy Doyle. A película conta a historia de Jimmy Rabitte, un mozo que vive nun barrio de Dublín e que está empeñado en facer realidade un soño: crear unha banda e levar a música soul a súa cidade. Para iso, publica un anuncio nun xornal local e comeza a seleccionar a mozos de vida precaria, pero de gran talento musical. Así nace o grupo The Commitments.

Como previo á película, a partir das 21:00 horas, a praza central contará cunha sesión DJ temática a cargo de Pablo Electrocute.

Esta última semana de xullo pecharase o sábado coa actuación de ‘La Familia del ÃrbolÂ’, nome co que Nacho Casado asina as súas cancións acompañado de Pilar Guillén. No Gaiás, ‘La familia del ÃrbolÂ’ presentará Odisea, traballo co que recorre a liña sonora que flúe entre o pop luminoso con raíces psicodélicas e o folk máis elegante e intimista.

Todas as sesións de ‘Atardecer no Gaiás’ teñen lugar ás 21:00 horas na praza central. A entrada é libre e de balde.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-07-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES