Santiago de Compostela recibe ao peregrino 100.000, o murciano José RodrÃguez
O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e o deán da Catedral de Santiago de Compostela, Segundo Pérez, recibiron ao peregrino número 100.000, José RodrÃguez. Este murciano rematou o Camiño de Santiago xunto co seu fillo, Miguel Ãngel. Iniciaron a Ruta Xacobea en Barcelos, percorrendo a pé 190 quilómetros en 10 dÃas polo Camiño Portugués.
O peregrino 100.000 recibiu varios recoñecementos conmemorativos da man do deán e do xerente do Xacobeo despois da misa que se celebrou ás 19.30 horas na Catedral de Santiago. Neste sentido, o xerente entregoulle un diploma acreditativo da súa condición de peregrino 100.000 e un libro. O deán, pola súa banda, outorgoulle unha edición especial da Compostela e outros agasallos.
O peregrino explicou emocionado que o importante foi poder realizar esta experiencia na compañÃa do seu fillo, ao cal non vira en case todo o ano por estar este estudando na Universidade de Lisboa. Foi este motivo o que os impulsou a escoller a ruta portuguesa para un encontro esperado e poder compartir uns dÃas.
Récord de peregrinos
O xerente do Xacobeo aproveitou a ocasión para subliñar que neste ano se bateu un récord nos peregrinos que chegaron a Santiago xa que se recibiron preto de 8.000 peregrinos máis que no mesmo perÃodo do ano anterior, o que supón un incremento de en torno ao 8%. Ademais, de todos os peregrinos chegados neste ano, o xerente fixo fincapé en que ao redor do 64% foron de orixe internacional.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-06-30
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.