Notas de prensa

Especialistas revisarán a pegada da obra da cineasta Chantal Akerman

A filmografía de Chantal Akerman (1950-2015) sitúaa entre as principais figuras do cinema de autoría europea. En dúas xornadas, os días 28 e 29 de xullo, a Universidade de Verán da USC acolle o curso Chantal Akerman: cineasta de culto, muller e transgresora con proxeccións e debates arredor de diversas obras da autora como Saute ma ville ou Je, tu, il, elle.

Trátase dun percorrido biofilmográfico que relaciona a súa cinematografía na converxencia do feminismo cos novos cinemas europeos e co cinema experimental americano. O encontro, na Facultade de Ciencias da Comunicación, ten unha carga lectiva de 16 horas, e destaca ademais a multidisciplinariedade da autora e, especialmente, a viaxe da súa obra dende pantalla grande ás videoinstalacións en espazos tradicionalmente reservados ás artes plásticas.

Nesta andadura, o achegamento á cinematografía de Akerman por parte académicas/os de disciplinas e universidades diversas, combínase coa intervención de diferentes cineastas que se recoñecen influídos pola autora e explican a súa pegada dende a dimensión creativa. Así, o programa mestura relatorios de expertos/as con proxeccións e debates arredor de diversas obras da autora como Saute ma ville; Je, tu, il, elle ou Chantal Akerman by Chantal Akerman. A través do conxunto de intervencións previstas proponse un achegamento á vida e obra da cineastas, revisando a súa relación coas novas correntes cinematográficas, as súas comedias musiciais ou as súas videoinstalacións nos circuítos artísticos, entre outras cuestións. O encontro conta co co financiamento de Regalcerámica.

Matrícula

A matrícula xa se pode formalizar tanto a través da web como de xeito presencial e estenderase ata aproximadamente dez días antes antes do inicio do curso en cuestión.

Sempre e cando se asista ao 80% das horas lectivas, as persoas inscritas recibirán un diploma acreditativo da súa participación. A USC recoñece os cursos de verán 2016 a efectos de créditos para o estudantado: dous créditos para cada curso de 25 ou máis horas e un crédito polos de menos de 25 horas (en todo caso, ata un máximo de seis créditos en total). A taxa xeral de matrícula é de 120 euros para os cursos de máis carga lectiva e de 70 para os de menos de 25 horas. Ademais, existe unha taxa reducida (de 70 e 40 euros, respectivamente) aplicable a alumnado universitario, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, persoas en situación de desemprego, socios/as da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC e PDI e PAS da USC.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2016-06-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES