Notas de prensa

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) reduciu o seu déficit en 1,6 millóns

As vías para alcanzar este primeiro balance positivo das contas universitarias foron a contención do gasto corrente, a renegociación da débeda e a implementación dun plan de mellora na xestión e captación de ingresos ao longo de 2015, e o novo plan de financiamento do Sistema Universitario Galego e cuxa vixencia comezou en 2016.

A USC pechou o exercicio económico correspondente a 2015 cun superávit de 1,6 millóns de euros, o que permite reducir déficit a unha maior velocidade do previsto inicialmente polo Plan Económico-Financeiro de Reequilibrio, documento que define a estratexia económica da USC para absorber o déficit acumulado da institución académica (preto de 14 millóns de euros a finais de 2014). As estimacións previstas para 2015 eran dun superávit de 67.000 euros.

A memoria anual foi o punto central do Consello de Goberno que a Universidade de Santiago celebrou e no que o xerente José Manuel Villanueva Prieto deu conta dos principais indicadores económicos da institución compostelá durante o pasado ano e do grao de cumprimento do Plan de Reequilibrio. As vías para alcanzar este primeiro balance positivo das contas universitarias foron a contención do gasto corrente, a renegociación da débeda e a implementación dun plan de mellora na xestión e captación de ingresos ao longo de 2015, ano no que tamén se ten negociado o novo plan de financiamento do Sistema Universitario Galego e cuxa vixencia comezou en 2016.

O superávit rexistrado durante o pasado ano e a súa conseguinte incidencia na redución do déficit mostra, en opinión do reitor Juan Viaño, os froitos do esforzo asumido polo conxunto da comunidade universitaria. O reitor apelou á necesidade de seguir traballando na mesma liña na procura de avances significativos que permitan remontar a actual situación.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2016-06-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (festa-filloa-lestedo.jpg) A Secretaría de Estado de Turismo vén de emitir a resolución pola que se concede a declaración de Interese Turístico Nacional á Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón. Con este recoñecemento, Galicia suma xa 10 festividades con este recoñecemento. A Festa da Filloa de Lestedo súmase así ás outras nove que xa contan con este recoñecemento: a Romaría de Nosa Señora da Barca (Muxía), as Carrilanas de Esteiro (Muros), as festas do San Froilán (Lugo), a Feira do Bonito (Burela), a Festa da Historia (Ribadavia), o Entroido de Verín. Tamén a Festa do Marisco do Grove, as Festas de San Roque (Vilagarcía de Arousa) e a Festa da Reconquista (Vigo).
Foto de la tercera plana (portugal_galicia.jpg) Baixo o título 'Horizontes dos Estudos Galegos e /na Lusofonía', esta nova edición do congreso da AIEG parte do tradicional vínculo entre Galicia e os países lusófonos para promover o debate, a crítica e novas propostas sobre as relacións no espazo cultural, académico e institucional. Farao a través de relatorios, paneis, mesas e sesións plenarias nas que participarán especialistas das tres universidades galegas, pero tamén do ámbito nacional e internacional, que discutirán sobre os campos lingüístico, literario, histórico, económico, antropolóxico, filosófico, sociolóxico e artístico. No marco do congreso tamén terán cabida as actividades culturais, como excursións ou exposicións, especialmente dirixidas á mocidade investigadora; ou a presentación de produtos académicos e proxectos, como o Proxecto Nós, impulsado polo Goberno galego para incorporar a lingua propia de Galicia á vangarda da Intelixencia Artificial.

Notas

Un equipo internacional formado por astrónomos e astrónomas de todo o mundo no marco da misión Gaia acaba de dar a coñecer o achado do buraco negro estelar máis masivo descuberto ata agora na Vía Láctea. A súa investigación foi publicada este martes pola revista Astronomy & Astrophysics e está asinada por 300 investigadores e investigadoras de países como Alemaña, Austria, Bélxica, Finlandia, Francia, Italia, Suecia, Chile, Australia e tamén España.
Identidade e multidisciplinariedade. Estes dous conceptos definen o camiño do Laboratorio de Formas, unha revolucionaria idea xestada por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane que marcaría unha nova tendencia para a cultura galega a mediados dos anos sesenta do pasado século. Froito daquel Laboratorio chegaría a recuperación de Sargadelos, así como unha serie de iniciativas para desposuír do imaxinario popular esa crenza dunha Galicia rural detida no tempo e onde o movemento diario do mar e a terra leva ao abandono do belo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES