En Marea esixe unha Lei que defenda aos denunciantes de corrupción
O texto que debe aprobar o Congreso debe garantir, entre outras cuestións, a protección do posto de traballo, os servizos xurÃdicos asegurados, a prestación de asistencia psicolóxica e médica, e a preservación do anonimato. Esta demanda parte da Plataforma X La Honestidad.
En Marea esixirá a elaboración dunha Lei na que se defenda a aquelas persoas que presenten denuncias ante posibles casos de corrupción. Con esta demanda que parte da Plataforma X La Honestidad, os deputados e deputadas de En Marea esixirán no Congreso dos Deputados unha lei integral para a protección do denunciante de corrupción na seguinte lexislatura.
Os catro piares básicos desta lei serÃan: a protección do posto de traballo do denunciante, os servizos xurÃdicos asegurados, a prestación de asistencia psicolóxica e médica, e a preservación do anonimato do denunciante. Asà mesmo, En Marea apoia a creación dun observatorio contra a corrupción como propón a plataforma, un ente que terá que ser independente do poder polÃtico.
Os deputados e deputadas de En Marea comprométense en impulsar na seguinte lexislatura a renovación da Comisión de Loita contra a corrupción, á que se convidará aos membros da Plataforma xa que a lexislación da protección ao denunciante de corrupción é un punto clave na loita contra esta lacra que seguimos a padecer en todo o Estado.
A candidata de En Marea, Yolanda DÃaz, reuniuse cos representantes da Plataforma X la Honestidad para escoitar e recoller esta demanda. “Resulta fundamental e lóxico que o Congreso dos Deputados saque adiante unha lei que defenda e protexa aos denunciantes se queremos loitar de xeito real contra os vergoñentos casos de corrupción que diariamente enchen os medios de comunicación” destacou Yolanda DÃaz.
Tras as reunións mantidas con cada partido, a Plataforma X la Honestidad fará públicos os compromisos adquiridos con cada un deles a través da web da organización e antes do arranque da campaña electoral, como servizo á cidadanÃa.
En Marea salienta a necesidade de unir forzas tanto polÃticas como sociais na loita contra a corrupción para o que a opinión e propostas das distintas organizacións especializadas nesta loita teñen moito que dicir.
FotografÃa: Gabinete de Comunicación de En Marea.
Gabinete de Comunicación de En Marea, 2016-06-03
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.