Preséntanse os deportistas galegos preseleccionados para os xogos paralímpicos de Río 2016
A delegación española estará composta por 110 deportistas, estando preseleccionados no momento actual 15 deportistas galegos máis 2 deportistas de apoio. A presentación, celebrada na Casa do Deporte de Vigo, foi organizada polo Comité Paralímpico Español.
O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no acto de presentación dos deportistas galegos preseleccionados para os Xogos Paralímpicos de Río 2016, organizado polo Comité Paralímpico Español na Casa do Deporte de Vigo.
Durante a súa intervención, o Secretario Xeral lembrou os logros acadados pola elite dos nosos deportistas paralímpicos, que, ata Río 2016, acadaron 49 medallas. A Londres 2012 acudiron 10 deportistas paralímpicos galegos e galegas; esta preselección de 15, e o seu enorme nivel competitivo, fainos soñar con facer crecer este medalleiro, apuntou Lete Lasa.
O responsable de Deportes da Xunta de Galicia resaltou tamén o compromiso do goberno autonómico co deporte paralímpico e co deporte para as persoas con discapacidade. En Galicia, axentes deportivos e administración autonómica traballamos por un deporte inclusivo, por un deporte que sexa ferramenta coa que cohesionar o país e coa que mellorar o benestar da poboación, afirmou o Secretario Xeral.
Tamén lembrou que na nosa Comunidade Autónoma, as becas aos deportistas de alto nivel son iguais para todos, olímpicos ou paralímpicos, sen distingos, e cómo a práctica deportiva integrada é a aposta das federacións deportivas á vez que exista unha Federación galega de deporte adaptado.
No acto tamén interviñeron o director de Comunicación do Comité Paralímpico Español, Luis Leardy, o representante da empresa Gadis, Agustín Rodríguez -no nome dos patrocinadores do Plan ADOP-, e os deportistas galegos preseleccionados o nadador Sebastián Rodríguez, o tirador Juan Antonio Saavedra e a triatleta Susana Rodríguez.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-05-31
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.