A militancia de Anova prioriza por ampla maiorÃa o camiño común cara ao cambio polÃtico
A fórmula do partido instrumental serÃa a preferida por Anova para concorrer ás eleccións ás Cortes.
A militancia de Anova-IN rematou de votar hoxe ás 18:00h sobre a concorrencia da organización ás eleccións ás Cortes. A participación, do 68%, foi a máis elevada das consultas telemáticas realizadas até agora pola organización.
Os resultados da primeira das preguntas –Que fórmula xurÃdica consideras que serÃa a máis acaÃda para garantir os obxectivos polÃticos de En Marea de cara ao 26X?– foron os seguintes: Coalición (14,50%); Partido Instrumental (79,90%); Abstencións (5,60%), co que a militancia corroborou en referendo o xa decidido na Conferencia PolÃtica da Coruña.
Os resultados da segunda das preguntas –Pensas que Anova debe participar nos comicios ás Cortes Españolas en En Marea independentemente da fórmula xurÃdica expresada por nós, salvagardando o espazo de unidade popular?– foron os seguintes: SI (75,57%); NON (15,78%), Abstencións (8,65%).
Deste xeito, e por mandato da militancia de Anova-IN, o resultado será comunicado á Mesa de Coordinación de En Marea para seguir co vieiro marcado cara ás eleccións ás Cortes do Estado do 26X.
Gabinete de Comunicación de Anova, 2016-05-20
Actualidad
Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maiorÃa de ‘influencersÂ’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias XurÃdicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes quÃmicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.