Notas de prensa

Teresa Portela e Gómez Noya, entre os galardoados cos Premios Deporte Galego 2015

O Teatro Principal de Ourense acolle o 12 de maio o acto de entrega dos galardóns aos gañadores dos Premios Deporte Galego 2015 concedidos pola Xunta. As propostas de candidaturas ás categorías formuláronse por entidades deportivas, concellos e outros organismos e entidades públicas e privadas relacionadas coa actividade física e co deporte.

O secretario xeral para o Deporte e presidente do xurado dos Premios do Deporte Galego, fixo público en Ourense o fallo destes galardóns na súa edición 2015, acompañado polo alcalde da cidade e a delegada territorial da Xunta na provincia, Marisol Díaz Mouteira.

Como establece a convocatoria dos premios, publicada no Diario Oficial de Galicia do 9 de marzo, estes galardóns recoñecen publicamente os máis destacados axentes do ámbito deportivo galego, decidindo o xurado sobre as 17 categorías ás que este ano se suma unha mención especial.

Durante o acto, Lete Lasa, quixo agradecer o labor do xurado cualificador, así como a todos aqueles que presentaron candidaturas á esta edición dos premios. “Como todos os anos, as decisións foron difíciles. O nivel do noso deporte é incuestionable: só hai que mirar os galardoados, e o traballo e esforzo que se atopa detrás de cada un dos seus méritos”, apuntou o secretario xeral.

Finalmente, anunciouse tamén que o acto de entrega dos premios terá lugar o vindeiro 12 de maio no Teatro Principal de Ourense. Para rematar, o secretario xeral para o Deporte quixo agradecer á Deputación Provincial de Ourense e ao alcalde da cidade, Jesús Vázquez Abad, a súa hospitalidade para con esta festa do deporte galego.

Galardoados 2015

Premio á mellor deportista feminina. Teresa Portela Rivas
Premio á mellor deportista feminina con discapacidade. Susana Rodríguez Gacio
Premio ao mellor deportista masculino. Francisco Javier Gómez Noya
Premio ao mellor deportista masculino con discapacidade. Martín De la Puente Riobo
Premio ao mellor equipo feminino. Atlético Guardés
Premio ao mellor equipo masculino. Club Ourense Baloncesto SAD
Premio ao mellor equipo de deportistas con discapacidade. Racing Club Chapela
Premio á mellor entidade na promoción do deporte de base. Club Ciclista Maceda
Premio ao/á mellor adestrador/a. Rafael Vázquez López
Premio ao/á mellor árbitro/a –xuíz/a. María Bautista Maestre
Premio ao mellor labor informativo. Suplemento “Más Deporte” (La Región)
Premio ao mellor evento deportivo. Gran Premio de Marcha Cantones de A Coruña
Premio ao patrocinio deportivo. ABANCA
Premio deportista revelación. Ex aequo, Adrián Ben e Miguel Alvariño García
Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa. Concello de Arteixo
Premio “Galicia Saudable” á entidade de carácter privado destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa. Alcer Coruña
Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa. IES Mugardos

MENCIÓN ESPECIAL. Daniel Pérez Morales

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-04-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES