O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu o labor dos galardoados coas Medallas do Parlamento de Galicia e afirmou que grazas ao seu traballo a Cámara galega é “a catedral da palabra”. “Antón Rosón, Tomás Pérez Vidal, Victorino Núñez, José MarÃa GarcÃa Leira, Dolores Villarino e Pilar Rojo. A medalla que hoxe se lles concede é unha distinción axeitada e oportuna porque o seu labor poderÃa quedar postergada por fitos en aparencia máis relevantes”, dixo, subliñando que grazas a eles, o Parlamento non foi soamente a clave de bóveda do templo polÃtico autonómico, “senón sobre todo a gran referencia social do paÃs”.
Durante o acto de imposición, Feijóo afirmou que todos eles encamiñaron conflitos, mitigaron inimizades que semellaban insuperables e demostraron que a antÃtese amigo-inimigo pode substituÃrse por outra que alude a adversarios ou opoñentes. “A estas mulleres e homes debémoslles moito”, aseverou, afirmando que “a súa pegada está presente nunha Galicia diversa, feita con distintos afluentes, pero que é quen de compartir a idea básica de que a forza da razón é superior á razón da forza”.
Ademais do traballo desenvolvido polos galardoados, Feijóo atribuÃu o éxito do Parlamento galego, que pasados trinta e cinco anos segue a ser o centro, “o eixo e o núcleo da nosa vida pública”, á existencia dun Parlamento ‘implÃcitoÂ’ no pobo galego, “moito antes de que estes muros albergasen os seus representantes”. “Somos un paÃs de palabras. O concepto ‘tratoÂ’ está marcado na nosa personalidade”, lembrou, ao que engadiu que “o Parlamento consignado no noso Estatuto de AutonomÃa non fixo máis que darlle forma a un sentimento latente no noso carácter”.
Asà mesmo, o titular da Xunta avogou por non esquecer tampouco a calidade humana e intelectual dos polÃticos que participaron nesta tarefa común. “Son poucas e esquecibles as excepcións a unha norma xeral de servidores públicos empeñados en traer a este recinto a voz da xente, e levar á xente o traballo desta institución”, aseverou.
Durante a súa intervención, Feijóo asegurou que os parlamentos evidencian as eivas dos intolerantes, e remarcan a capacidade dos que dialogan. E, sobre este punto afirmou que “estes anos foron pródigos en diálogo”.
O presidente da Xunta concluÃu resaltando que democracia e parlamento son termos indisociables: “Non hai democracia sen parlamento, nin parlamento sen democracia”, incidiu, lembrando que esa asociación entre estes dous conceptos fundamentais para a vida en común, vai fraguando durante moitos séculos de evolución desde os primitivos organismos estamentais ata as cámaras de hoxe.
“O parlamentarismo é unha vella tradición que evoluciona, que mellora gradualmente, que deixa de ser un privilexio para converterse en dereito e garantÃa. O Parlamento é unha proba vixente de que as reformas progresivas son moito máis eficaces e duradeiras que as rupturas expeditivas”, abundou. E, nesta liña recordou que “aqueles paÃses que viron interrompida a súa tradición parlamentaria, tiveron que atravesar épocas tráxicas das que tardaron en recuperarse; e os que se inspiraron na tradición para mellorala e adaptala, progresaron e solucionaron a súa complexidade con conflitos que nunca quebraron a súa unidade interna”.