O Colexio Fonseca retrata as Luces e misterios da Compostela MÃstica
O reitor da USC Juan Viaño inaugura esta mostra o 31 de marzo. “Hai nas madrugadas de Compostela unha hora silenciosa e baleira. Unha hora máxica na que os derradeiros noctámbulos sa xe foron pero os máis madrugadores aÃnda non chegaron. Unha hora de calados resplandores na que é posible gozar da cidade a solas”.
Con estas palabras, o catedrático de Ãlxebra Antón Rodicio anticipa ao visitante da exposición ‘Luces e misterios da Compostela MÃsticaÂ’ o nexo común das corenta e seis imaxes e dez poemas que ata finais de abril se poderá visitar no Colexio de Fonseca e da que el mesmo é autor. O reitor Juan Viaño presidirá o xoves 31 de marzo o acto inaugural da exposición nun acto ás 20.00 horas no Colexio de Fonseca.
Os dous espazos expositivos en que se articula o Colexio de Fonseca recollen á súa vez dous conxuntos fotográficos distintos que “simbolizan a contradición da Compostela histórica”, explica o seu autor. Mentres no Salón Artesoado móstranse instantáneas de exterior do casco histórico “na hora azul do amencer”, na Capela atópanse capturas de espazos interiores, rúas e prazas “escuras, sombrÃas, surrealistas”, imaxes opostas ás anteriores. A través destes puntos de vista o visitante “ atopará a alma de Santiago, sen coches, sen persoas, só a cidade núa”.
O conxunto de imaxes e textos sobre os que se vertebra o relato de Antón Rodicio comeza a finais de 2014 como manifestación da inquedanza de quen simultanea a docencia e a investigación matemática coa expresión artÃstica. “A matemática ten relación coa arte a través da beleza dos seus conceptos”, se ben cando se atopa entre números “é frÃa e austera, ten pouco que ver coa alma” sinala Antón Rodicio. Xustifica Antón Rodicio o tránsito entre matemáticas e arte en que “tiven que descender ao concreto, atender a alma”, o que primeiro o levou á literatura e logo á fotografÃa, ambos ingredientes presentes na exposición.
A partir da súa inauguración este xoves 31, a mostra poderá visitar ata o 30 de abril en horario de luns a sábado de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.
Foto Carlos.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-03-30
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.