Notas de prensa

O Festival Mondoñedo é Poesía pon en valor as voces literarias actuais e a tradición poética mindoniense

María Lado, Lucía Aldao, Antonio García Teijeiro, Mª José Fernández, Antía Juncal, Martiño Maseda, Darío Xohán Cabana, Mateo Buján, Raúl Costas e César Morán participan no evento, que inclúe recitais poéticos e musicais e actividades paralelas arredor dos libros, da pintura e da fotografía.

A nova edición do Festival Mondoñedo é Poesía regresa en 2016 cun programa dirixido a lle achegar á cidadanía este xénero literario, a través da posta en valor do patrimonio literario mindoniense e das voces actuais das letras galegas. Con este obxectivo, a terceira edición do evento, que se celebra o 1 de maio no municipio lucense, contará coa participación de destacadas figuras, como María Lado e Lucía Aldao, Antonio García Teijeiro, Mª José Fernández, Antía Juncal, Martiño Maseda, Darío Xohán Cabana, Mateo Buján, Margarita Bermúdez, Moncho García, Raúl Costas, Xosé Ruíz Leivas, Xosé Artiaga, Carmen Rodríguez Lage e César Morán, xunto co Coro Mestre Pacheco.

Estes autores e autoras serán os protagonistas do recital poético na rúa que se desenvolve nas prazas da Catedral, do Concello e Jaime Cabot. A continuación, o auditorio Pascual Veiga será o escenario dun recital poético-musical en homenaxe ao poeta asturiano e bispo de Mondoñedo Manuel Fernández de Castro.

A programación desta terceira edición do festival foi presentada hoxe na Cidade da Cultura de Galicia polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; pola alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; polo presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto; e por Antonio Reigosa, membro do colectivo Mondoñedo É. Estas dúas últimas entidades son as promotoras dun festival que conta un ano máis coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura e do Concello de Mondoñedo, e que se desenvolverá o primeiro día do mes das letras en diversas prazas e rúas do concello mindoniense, aínda que na véspera, o 30 de abril, xa comezarán algunhas das propostas.

Ese día, terá lugar a iniciativa ‘Debuxando Mondoñedo’, así como a ‘Expo-libro Mondoñedo’, que se prolongará ata o 1 de maio. Estas actividades paralelas completaranse coa exposición fotográfica ‘Mondoñedo sentimental. Vidas e paisaxes’ e cun ‘Tendal de poesía’, que amosará diversos traballos realizados por escolares.

Divulgación da poesía en galego

Mondoñedo é Poesía ten como principal finalidade achegar este xénero literario á rúa para a súa difusión entre todos os públicos, poñendo en valor o patrimonio literario mindoniense en particular e o galego en xeral. Partindo do legado literario de figuras como as de Ãlvaro Cunqueiro, de Leiras Pulpeiro, Díaz Jácome e moitos outros escritores nados en Mondoñedo ou que tivesen este concello como lugar de formación ou inspiración, o festival quere dar a coñecer novas figuras literarias que cultivan a poesía en galego a través de actividades dirixidas a todas as idades.

A Academia de la Llingua Asturiana, o IES San Rosendo, o CEIP Ãlvaro Cunqueiro e a Deputación de Lugo tamén apoian a terceira edición do festival.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-03-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, actúa como anfitrioa nos eventos deste 2024. Na xornada, que se estenderá ata a tarde,trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES