Notas de prensa

A TIC colabora na difusión do IX Desafío Volta a Lugo do 20 ao 22 de maio

O patrón da Fundación TIC, Ãlvaro Santos, presentou un vídeo promocional da primeira volta cicloturista por etapas de Galicia con chegadas e saídas en Lugo, Muras e Sarria. A Volta está dividida en 3 etapas que suman uns 400 km. de distancia 7.000 metros de desnivel positivos.

A Fundación TIC súmase un ano máis ao Desafío Volta a Lugo, que na súa novena edición se celebrará os días 20, 21 e 22 de maio. Durante a presentación da proba, proxectouse un vídeo promocional elaborado pola TIC no que se detallan as tres etapas, con saídas e chegadas en Lugo, Muras e Sarria. Ademais elaborará reportaxes e vídeos da Volta para a súa difusión nos medios e nas redes sociais.

O patrón da TIC, Ãlvaro Santos, dixo que “apoiamos un ano máis este evento cicloturista, o primeiro por etapas de Galicia e un dos poucos deste tipo se organizan en toda a península, que cada edición trae á nosa provincia ciclistas nacionais e internacionais que queren vivir a experiencia dunha volta ciclista por etapas coma os deportistas profesionais, con todos medios técnicos e loxísticos característicos destas probas”.

“Pero o Desafío vai moito máis alá da parte puramente deportiva, xa que propón uns percorridos por fermosas e variadas paisaxes das comarcas de Lugo, desde portos de montaña de gran categoría a tramos pola Terra Chá, que contribúen a dar a coñecer o moito e bo que ofrece a nosa provincia”, apuntou o representante da TIC.

Ademais de Ãlvaro Santos, na presentación participaron o Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antonio Veiga, o Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, os Concelleiros de Deportes de Lugo e Sarria, Miguel Fernández e Efrén Castro, o presidente do comité organizador da IX Volta ás Comarcas, José María Seijas e o director da proba Santiago Seijas.

400 quilómetros en 3 etapas

Desafío Volta Lugo é unha proba de carácter individual, de resistencia e de bicicleta de estrada para ciclistas maiores de 18 anos de ambos sexos. Está dividido en 3 etapas que transcorrerán polas Comarcas de Lugo, que suman uns 400 quilómetros de distancia e uns 7.000 metros de desnivel positivos.

A primeira etapa, con saída da praza Maior de Lugo e chegada praza do Concello de Muras, inclúe tres altos de montaña: Coubueira, Vilacampa e Gañidoira; a segunda, comeza en Muras e remata na rúa Castelao de Sarria; e a terceira, terá saída en Sarria e chegada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo con 5 altos de montaña: Vilaesteva, Restelo, Lago, Campo de Arbre e Vega.

Colaboración da TIC

A colaboración da TIC é froito do convenio asinado co Club Ciclista Cidade de Lugo, para promover o seu labor de fomento o deporte. Na actualidade son máis de 150 as organizacións que manteñen acordos de colaboración coa TIC, para difundir as súas actividades e facilitar aos alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son prácticas profesionais en escenarios reais.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2016-03-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES