Notas de prensa

Medio Rural busca apoios en Madrid para o Plan de Fortalecemento do Lácteo

A conselleira do Medio Rural destaca a importancia de ter logrado sentar por primeira vez nunha mesa a todos os elos da cadea do sector lácteo. No encontro previsto para o 2 de marzo en Compostela, os implicados comezarán por facer un cronograma dos pasos a seguir para afrontar os problemas do sector.

A Consellería do Medio Rural destacou en Madrid a importancia da xuntanza do Plan de Fortalecemento do Sector Lácteo que se celebrará o mércores en Santiago dado que é a primeira vez que todos os elos da cadea implicados no sector lácteo se sentarán arredor dunha mesa para abordar de forma conxunta as súas problemáticas.

“Ademais do sector, na reunión se inclúe á Universidade e a científicos porque debemos traballar dende distintos ámbitos a breve e longo prazo”, declarou Ãngeles Vázquez, que pretende así buscar solucións xa de maneira inmediata de cara a primavera, un momento no que normalmente aumenta a produción de leite. A conselleira explicou que o primeiro será elaborar un cronograma de actuación e acordar os argumentos prioritarios que trasladar ao Ministeiro de Agricultura co fin de facelos chegar á Comisión Europea.

O grupo de traballo que se constituirá estará integrado por representantes da propia Xunta, industria, distribución, cooperativas, organizacións profesionais agrarias, o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal), o Centro Galego de Control Leiteiro (Cegacol), universidades e comunidade científica.

Ademais, aproveitando a súa presenza en Madrid, Ãngeles Vázquez insistiu na necesidade de poñer a andar o Decreto de Cesión de Prezos e fixo balance dos avances acadados nas últimas semanas, como o feito de ter garantida a recollida do mesmo volume de leite que o ano pasado por parte das principais industrias que operan en Galicia.

A responsable de Medio Rural mostrouse convencida de que “o sector lácteo galego ten futuro” e para iso incide na aposta polos produtos transformados por parte das explotacións. Lembrou que este ano a orde de axudas para a transformación ascende a 14,3 millóns de euros, cofinanciada nun 75% polo Feader. Para as anualidades do 2017 e 2018, o orzamento previsto é de 7 e 3,7 millóns de euros, respectivamente.

O departamento que dirixe Ãngeles Vázquez comezou a pór en marcha o Plan de Fortalecemento do Sector Lácteo o pasado 8 de febreiro, no marco do Consello Agrario Galego, cando presentou este plan aos integrantes deste órgano de participación, asesoramento, diálogo e consulta da Administración Galega. Agora consolidarase con este primeiro encontro entre todos os axentes implicados.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-02-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES