Presentación no CCG a obra sobre Pulpeiro e visita á mostra Galicia imaxinada
O Consello da Cultura Galega e a SecretarÃa Xeral de Emigración avanzan no acordo de colaboración polo que se edita unha obra adicada emigrante Eliseo Pulpeiro, editor da revista Céltiga, unha das máis salientables das publicadas polos galegos da diáspora. Visitan Galicia imaxinada.
O secretario xeral da Emigración, Antonio RodrÃguez Miranda, e máis o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, presentaron en Santiago a obra dedicada ao egrexio emigrante Eliseo Pulpeiro, editor da revista Céltiga, unha das máis salientables de entre as publicadas polos galegos da diáspora, e que que xogou un papel crucial no proceso de afirmación e desenvolvemento do galeguismo entre as comunidades galegas de América.
No acto de presentación do libro, que leva por tÃtulo “Eliseo Pulpeiro. As letras galegas entre dúas ribeiras (Ribadeo e RÃo da Prata)”, estivo presente a filla do editor, Silvia, e o outro autor do volume, Pablo RodrÃguez.
Posteriormente, e guiados pola comisaria da exposición, Chus MartÃnez, visitaron a mostra “Galicia imaxinada”, que compila diversos exemplares das publicacións máis senlleiras das galegas e galegos do Exterior, e que visualiza de xeito gráfico a influencia da emigración na creación dos sÃmbolos de Galicia. A mostra pode visitarse no Pazo de Fonseca.
Na visita púidose comprobar a orixinalidade e intencionalidade na distribución dos vinte paneis que compoñen a exposición. Neles pódense ver exemplares de revistas porteñas como Suevia e Almanaque Gallego, xunto coas habaneiras Eco de Galicia e Tierra Gallega, que permiten acadar unha imaxe completa da cultura visual da época e reconstruÃr a “Galicia imaxinada” dos emigrantes.
Acordo
A publicación da obra sobre Pulpeiro, e a mostra que hoxe visitaron Miranda e Paz, son dúas das actuacións derivadas do acordo de colaboración subscrito entre a SecretarÃa Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, para poñer en valor a pegada histórica e cultural da diáspora en Galicia.
Ademais, e mercé ao devandito acordo, elabórase a primeira fase do plan director para a conservación do patrimonio documental das sociedades de galegos no Exterior, lévase a cabo a dixitalización da documentación relacionada coa emigración depositada en arquivos consulares en Brasil e Cuba, e tamén un estudo a fondo dos fluxos migratorios a e desde Galicia.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-02-23
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.